Os Programas Integrados de Emprego ou PIE están dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas en situación de desemprego. Desenvolverán con carácter obrigatorio as seguintes accións: información, orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego (tanto por conta propia como allea), habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, formación para o emprego, prácticas profesionais e talleres sobre mobilidade laboral.

Os Programas Integrados de Emprego ou PIE levan aparellado o compromiso de inserir laboralmente a un mínimo do 30 por cento das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do Programa. A inserción media acadada polos Programas Integrados de Emprego nos últimos anos é dun 40%.

Se tes interese por ver como participar nun Programa Integrado de Emprego ou PIE, achégate á túa oficina de emprego ou ben ponte en contacto cos teléfonos do Servizo de Programas Mixtos da Consellería de Economía, Emprego e Industria: 881 999 629 e 981 545 945.

Tes máis información na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria neste enlace:

Programas integrados de Emprego