No Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) temos a máis extensa e actualizada base de datos de persoas demandantes de emprego da nosa Comunidade, contando cunha ampla rede de profesionais que poden axudarche dende a definición da túa oferta de emprego, ata a identificación de persoas candidatas idóneas para cubrila.

Para presentar unha oferta de emprego a través do SPEG podes recorrer, segundo as túas preferencias, a calquera dos seguintes medios:

A través dunha das nosas Oficinas de Apoio ao Empregador, onde ademais atoparás máis servizos dirixidos a empresas:

Oficinas de apoio ao empregador

Achegándote á área de ofertas de algunha das nosas oficinas de emprego, repartidas por toda a xeografía galega:

Buscador de centros

Ademais, se o desexas, podes obter máis información en relación a como xestiona o SPEG a túa oferta de emprego:

A xestión de ofertas no SPEG