Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria se busca apoiar ás empresas que promovan a incorporación de novo personal mediante fórmulas complementarias, como son a formación con compromiso de contratación ou as prácticas non laborais.

Estas dúas vías promóvense co fin de mellorar e garantir o proceso de incorporación á actividade laboral de persoas demandantes de emprego ao tempo que se axuda tamén ás empresas, que así o desexen, a cubrir as súas necesidades en materia de persoal.

Deste xeito, se logra incidir na adquisición de novas competencias profesionais, o que supón unha vía moi interesante para o desenvolvemento consolidado e a longo prazo do emprego de calidade.

 Nos seguintes enlaces podes obter máis información de cada unha delas:

Formación con compromiso de contratación

Prácticas non laborais

Nesta liña e para dar apoio e soporte á túa empresa, segundo o establecido na Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á primeira convocatoria, tense habilitado o teléfono

Icono chamar ao teléfono de asistencia 900 815 333 900 815 333