Os certificados de profesionalidade son unha forma que pon a disposición a Consellería das persoas traballadoras ou demandantes de emprego para acreditar con carácter oficial as competencias profesionais que las capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral, e con eles trátase de proporcionar a aquelas a formación requirida polo sistema produtivo.

As vías para poder obter un certificado de profesionalidade son:

  • Superar os módulos formativos que integran o certificado de profesionalidade

  • Acceder ao procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación

Estes procedementos para a avaliación son convocados periodicamente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Para saber máis sobre os certificados de profesionalidade, a súa regulación e a convocatoria de procedementos de avaliación, consulta a web da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Portal web da Consellería


E neste outro enlace podes acceder á publicación "Profesións reguladas" (en galego e actualizado a xuño 2017) onde se recolle o inventario de ocupacións que requiren dunha habilitación profesional para traballar:

Profesións reguladas - Xuño 2017

 Nela se recollen referencias normativas, encadramento dentro dunha familia profesional e, no seu caso, a posibilidade de adquirir algunha delas a través de certificados de profesionalidade.