A renovación da túa demanda de emprego é esencial para que dende o SPEG podamos axudarche na túa busca activa de emprego. Lembra que, con carácter xeral, tes que renovar a túa demanda cada 3 meses. Cada vez que a renoves obterás a data da seguinte renovación. E agora, ademais de poder renovala indo á Oficina de Emprego que che corresponde, podes renovar a túa demanda de emprego a través da Internet.

Para facelo dispós dos seguintes medios:

A través da nosa Oficina Virtual:

Oficina Virtual do SPEG

 A través da aplicación para dispositivos móbiles MOBEM:

Aplicación Mobem

E tamén o podes facer a través dos Puntos de Información que poñemos a túa disposición en Concellos e Oficinas de Emprego:

Puntos de información do SPEG

 

"Utiliza as distintas canles que o SPEG pon a túa disposición para manter actualizada a túa demanda de emprego"

 

Lembra que, no caso de que sexas menor de idade, será preciso que presentes na oficina de emprego unha autorización para a túa inscrición como a que podes descargar neste enlace:

 

 pdf descarga autorización menores de 18 anos