Dende o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) estamos sempre a buscar empresas nas que as persoas demandantes que participan na formación para o emprego poidan realizar prácticas profesionais non laborais que lles axuden a asentar os novos coñecementos e as competencias adquiridas, de forma que se potencie a utilidade das accións realizadas e se mellore a súa empregabilidade cara a busca dun emprego de calidade.

Esta práctica está regulada no Real Decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas (BOE nº 278).

Acceso ao Real Decreto 1543/2011 - Documento consolidado:

Real Decreto 1543/2011

Se a túa empresa quere acoller a algunhas destas persoas, tan só é preciso subscribir un convenio con nós e, unha vez formalizado este, realizar a solicitude de persoas candidatas segundo o modelo establecido.

Modelo de convenio:

Descarga de modelo de convenio

 

Modelo de solicitude de persoas candidatas:

Descarga de modelo de convenio 

Relación de empresas que teñen subscrito o convenio de prácticas non laborais:

Relación de empresas con convenio de prácticas non laborais

Se queres subscribir un convenio, aclarar calquera dúbida ou saber máis sobre as prácticas non laborais, non dubides en poñerte en contacto con nós a través do noso de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou acudindo ao centro ou oficina de emprego máis próximo:

Buscador de centros e oficinas

Ten sempre presente que, para facilitar a participación das persoas demandantes obxectivo das prácticas non laborais en empresas, dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria poñemos á túa disposición unha liña de subvencións para o financiamento de bolsas dirixidas a elas.

Consulta neste enlace toda a información e documentación relativa a prácticas non laborais en empresas:

Prácticas non laborais