Os Programas Integrados de Emprego ou PIE buscan dar resposta, mediante formación para o emprego combinado con prácticas non laborais, a necesidades específicas, reais e actuais do tecido produtivo dun ámbito territorial determinado.

Por este motivo, a realización dun PIE leva aparellado o compromiso de contratación dunha porcentaxe das persoas participantes no mesmo.

Se tes interese en ter opción a participar nun PIE, achégate a túa oficina de emprego para que che activen o servizo.

Tes máis información na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria neste enlace:

Programas integrados de emprego 

Os obradoiros de emprego e as escolas obradoiro son programas destinados á mellora da empregabilidade das persoas desempregadas, alternando a formación para o emprego con práctica laboral (traballo en obra real), diferenciándose entre uns e outros en función da idade das persoas participantes e outros requisitos específicos de cada convocatoria.

 

Podes afondar no coñecemento dos obradoiros de emprego, escolas obradoiro e casas de oficios neste enlace da páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Obradoiros de emprego  

Se tes interese en poder participar nun obradoiro de emprego, escola obradoiro ou casa de oficios, solicita na túa oficina de emprego que che activen o servizo. 

En caso de dúbida sobre se podes ter dereito a participar neles ou si resultan axeitados no teu caso particular, lembra que dende o servizo de orientación laboral poden axudarte na túa toma de decisión.