A primeira vez que te inscribas, e sempre que cambies a situación da túa demanda á de alta, obterás unha tarxeta que é o Documento Acreditativo do teu Rexistro como Demandante de Emprego (DARDE). 

Neste documento especifícanse unhas datas concretas nas que debes realizar a renovación da túa demanda para poder continuar en situación de alta no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e, polo tanto, poder participar de todos os seus servizos.

Como podo acreditar a miña condición de demandante de emprego?

A acreditación da condición de demandante de emprego se obtén mediante o DARDE. Sempre que obteñas un novo DARDE é importante que verifiques as datas de renovación, pois estas puideron cambiar como consecuencia dun período de baixa ou de suspensión pola realización dun curso, etc.

Para realizar a túa inscrición como demandante de emprego no SPEG nalgunha das nosas oficinas de emprego, será preciso que achegues o resgardo da solicitude xunto co Documento Nacional de Identidade ou carné de conducir, o pasaporte (tamén para as persoas que sexan cidadás da Unión Europea) ou o NIE se eres unha persoa de fora da Unión Europea.

Lembra que no caso de ser menor de idade, será preciso contar tamén coa autorización para a inscrición que podes descargar no seguinte enlace:

Modelo de autorización para menores de 18 anos

Debo renovar a miña inscrición?

Se es demandante de emprego en situación de alta, efectivamente tes que renovar a túa inscrición. Para isto, con carácter periódico, nas datas indicadas no DARDE debes renovar a túa inscrición como demandante de emprego. 

A non renovación na data indicada pode ter serias consecuencias se percibes prestacións por desemprego, xa que ao non renovala pasarás a situación de baixa, e esta é unha das causas polas cales podes recibir unha sanción, consistente no cesamento do pagamento da prestación. Por favor, mantén moita atención a este trámite.

Podes informarte aquí para obtener un maior detalle sobre a forma de renovar a túa demanda.

Debo facer algo máis que inscribirme?

Para que nos poidamos dirixir a ti dende o SPEG ofrecéndoche servizos adaptados ás túas necesidades, ademais de inscribirte debes acudir ao proceso de clasificación no que, mediante unha entrevista persoal e individualizada, o persoal especializado do noso servizo poderá determinar con precisión o teu perfil ocupacional así como a túa empregabilidade e a túa dispoñibilidade para acceder a unha ocupación.

Por último, lembra que para acceder aos nosos servizos podes facelo de forma presencial ou, nalgúns casos, a través da Internet:

A inscrición no SPEG. 1. Atención presencial

A inscrición no SPEG. 2. Atención por Internet