Os certificados de profesionalidade supoñen unha moi interesante ferramenta para a mellora da empregabilidade das persoas que os posúen.

Como norma xeral, para poder acceder ao proceso do obtención do certificado de profesionalidade, nos certificados de nivel 2 e nivel 3, a persoa aspirante debe posuír determinados requirimentos formativos.

Non obstante o anterior, cando non se posúen estes requisitos formativos, existe outra vía de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3: Mediante a superación de probas de avaliación en competencias clave, convocadas pola administración laboral competente (lembra que para acceder a un certificado de nivel 1 de cualificación non é necesario superar proba algunha).

Na nosa comunidade autónoma as competencias clave que se esixen para os novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, publicados a partires do 4 de setembro de 2008, son las seguintes:

1.- Comunicación en Lingua Castelá.

2.- Comunicación en Lingua Galega.

3.- Competencia Matemática.

4.- Comunicación en Linguas Estranxeiras (só en especialidades formativas que a requiren).

"Para superar as distintas competencias clave a persoa aspirante terá que realizar un exame ou proba por cada competencia"

Accede a toda a información sobre as competencias clave no seguinte enlace:

Portal web da Consellería