A formación con compromiso de contratación é unha modalidade de formación coa que se pode deseñar un curso á medida da empresa, asumindo o compromiso de contratación dun número mínimo das persoas formadas.

Esta modalidade de formación que ofrece o SPEG facilita o desenvolvemento de competencias profesionais adaptada ás necesidades específicas de cada empresa, contando ademais con accións formativas dirixidas preferentemente a persoas traballadoras ocupadas.

Para máis información, acode aos nosos Centros de Apoio ao Empregador ou a través de calquera das nosas oficinas de emprego:

Buscador de centros e oficinas