Entre os obxectivos que ten definidos o Instituto Galego das Cualificacións se atopa o de observar e avaliar a evolución das ocupacións e das cualificacións no ámbito da Comunidade Autónomo de Galicia, contando para elo co Observatorio Galego das Cualificacións.

O Instituto Galego das Cualificacións é un órgano de carácter técnico que executa, dentro das súas competencias, as liñas e actuacións marcadas dende o Consello Galego de Formación Profesional.

Nesta liña de apoio e avaliación, cada ano edita un estudo detallado do mercado laboral en Galicia, tanto a nivel autonómico, provincial como comarcal, achegando unha extensa información sobre as principais características e circunstancias que se teñen observado a nivel territorial.

Este estudo, sen dúbida, facilita unha información de moito valor tanto ás persoas que están a buscar emprego, como ás propias empresas que desexan incorporar novos recursos a súa organización, resaltando os factores esenciais observados nas distintas perspectivas dentro dos territorios de referencia.

Nos seguintes enlaces podes acceder á dita información segundo cada caso de análise: 

Ficha detalle do mercado laboral galego 2018 Fichas provinciais do mercado laboral galego 2018

Fichas comarcais do mercado laboral galego 2018 Fichas dos colectivos no mercado laboral galego 2018

 

Por último, se desexas acceder a información máis detallada e con outros atributos, neste enlace podes acceder ao Observatorio Ocupacional, a ferramenta moito máis completa e extensa que che permitirá obter todo o contido sobre o mercado laboral que esteas a necesitar

Portal do Instituto Galego das Cualificacións