Os puntos de información son ordenadores con teclado e pantalla que espallados pola maioría dos concellos de Galicia, adaptados ás necesidades funcionais de todas as persoas demandantes, que permiten realizar certas xestións sen necesidade de desprazarse a unha oficina de emprego.

Puntos de información

Para facer uso deles, debes acudir primeiramente á túa oficina de emprego e solicitar a captura das túas pegadas dixitais e así darte de alta para o uso destes puntos de información:

Buscador de centros

Unha vez dado de alta, dende calquera destes puntos de información poderás renovar a túa demanda de emprego mediante pegada dactilar nas datas indicadas no teu DARDE, así como acceder ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal.