Programa de axencias de colocación colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia

 

O Servizo Público de Emprego Estatal seleccionou mediante un Acordo Marco convocado o 9 de agosto de 2013 as Axencias de Colocación que poderán colaborar cos Servizos Públicos de Emprego na inserción no mercado laboral de persoas desempregadas.

Os servizos obxecto de contratación coas Axencias de Colocación teñen unha natureza integral e comprenderán calquera das actuacións de orientación, información profesional, formación, intermediación, axuda na busca de emprego, captación de ofertas de traballo, promoción de personas candidatas ou outras necesarias para acadar o obxectivo da inserción laboral.

1.- Persoas beneficiarias do Programa

As persoas beneficiarias deste Programa son as incluídas nalgún dos seguintes colectivos:

Lote 1: PERSOAS DESEMPREGADAS, PARADAS DE LONGA DURACIÓN (segundo o Programa de Acción Conxunta para a mellora da atención a persoas paradas de longa duración) pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

  • Con idades comprendidas entre os 30 e os 54 anos e con máis de 3 meses de desemprego.
  • Perceptores da Renda de Integración Social de Galicia de entre 30 e 54 anos e máis de 3 meses en desemprego.

Lote 2: PERSOAS DESEMPREGADAS, QUE NON TEÑAN A CONSIDERACIÓN DE PARADAS DE LONGA DURACIÓN (segundo o Programa de Acción Conxunta para a mellora da atención a persoas paradas de longa duración) pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 25 e os 29 anos e con máis de 3 meses de desemprego.
  • Persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 30 e os 54 anos e con un tempo en desemprego de 3 a 12 meses.
  • Persoas desempregadas de 55 ou máis anos e con máis de 3 meses de desemprego.
  • Persoas desempregadas incluídas nalgún dos colectivos anteriores que sexan Perceptores da Renda de Integración Social de Galicia.

 2.- Inscrición no Programa:

O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) seleccionou persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SPEG para incorporar a este proxecto. Aínda así, calquera persoa interesada pode dirixirse á súa oficina de emprego para que lle faciliten información sobre a súa posible inclusión no Programa.

As Axencias de Colocación adxudicatarias para cada provincia poderán poñerse en contacto coas persoas seleccionadas co fin de ofrecerlles os servizos establecidos no Programa.

Os servizos a prestar por estas Axencias son totalmente gratuítos para as persoas desempregadas e teñen a mesma consideración que os prestados polo Servizo Público de Emprego de Galicia. A finalidade das actuacións a realizar pola Axencia de Colocación é a inserción das persoas desempregadas no mercado laboral, polo que cada Axencia poderá levar a cabo aquelas accións de intermediación que considere axeitadas.

Ademais das persoas seleccionadas, aquelas outras que estean interesadas en participar neste Programa e cumpran cos requisitos para estar incluídos nalgún dos colectivos descritos no apartado 1 anterior, poderán dirixirse ben á súa Oficina de Emprego ou ben á Axencia de Colocación que lle corresponda segundo a súa provincia e solicitar a súa inclusión.

A persoa interesada en participar no Programa asinará unha solicitude que será remitida, ben pola Oficina de Emprego, ben pola Axencia de Colocación, aos Servizos Centrais do SPEG para que, sempre que cumpra os requisitos, sexa incluída no Programa.

3.- Axencias de colocación adxudicatarias e centros de traballo:

As Axencias de Colocación adxudicatarias deste contrato na Comunidade Autónoma de Galicia son as que se indican a continuación, cos centros de traballo seguintes:

PROVINCIA DA CORUÑA

  • Flexiplan, S.A. Empresa de trabajo temporal

A Coruña. Teléfono: 981207920 Enderezo: Rúa Ronda de Nelle, nº 140

Santiago de Compostela. Teléfono: 981557194 Enderezo: Rúa Galeras, nº 13-1 Oficina 6

Ferrol. Teléfono: 981207920 Enderezo: Cantón de Molíns, 8-9 Entresuelo

  • Fundación Equipo Humano

A Coruña. Teléfono: 687676854 Enderezo: Avda. Novo Mesoiro, 2 Baixo

Santiago de Compostela. Teléfono:671485863 Enderezo: Rúa do Horreo, 22 3º

Ferrol. Teléfono:687676854 Enderezo: Cantón de Molins 8-9

PROVINCIA DE LUGO

  • Flexiplan, S.A. Empresa de trabajo temporal

Lugo. Enderezo: Rúa Alcalde Anxo López Pérez, Nº 10 Entreplanta

  • San Román Escuela de Estudios Superiores, S.L.

Lugo. Teléfono: 607960817 Enderezo: Avenida de Madrid, nº 38

 PROVINCIA DE OURENSE

  • Europea de formación y consultoría

Ourense. Teléfono: 692571626 Enderezo: Rúa Nuestra Señora de las Ermitas, 8 Baixo

  • San Román Escuela de Estudios Superiores, S.L.

Ourense. Teléfono: 672259647 Enderezo: Rúa Progreso, 113 Baixo

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • Flexiplan, S.A. Empresa de trabajo temporal

Pontevedra. Teléfono: 986494983 Enderezo: Rúa Nova de arriba, 1

Vigo. Teléfono: 986494984 Enderezo: Rúa Venezuela, nº 2 Baixo

  • Europea de formación y consultoría

Pontevedra. Teléfono: 655485624 Enderezo: Rúa Peregrina, 14 Andar 1º

Vigo. Teléfono: 986472211 Enderezo: Rúa Brasil, 48

 

Relación completa de axencias privadas de colocación

 

Ademais das anteriores axencias de colocación, no seguinte enlace poderás acceder á relación completa das axencias privadas de colocación que están autorizadas para operar en Galicia e no resto de Comunidades Autónomas: 

A relación de axencias privadas de colocación 

 

As Empresas de Traballo Temporal (ETT)

 

Por último, de xeito complementario ás axencias privadas de colocación, pode resultarche de interese o listado de empresas de traballo temporal ou ETT, aquelas que realizan contratos temporais para a posta a disposición das persoas contratadas ao servizo de terceiras empresas que teñen necesidades puntuais de persoal.

No seguinte enlace dispós da relación completa das Empresas de Traballo Temporal que están autorizadas para operar en Galicia e no resto de Comunidades Autónomas: 

A relación de empresas de traballo temporal (ETT)