As Iniciativas Locais de Emprego (ILE) e as Iniciativas de Emprego Rural (IER) teñen por obxecto fomentar a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito rural.

Para fomentar a súa creación, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade dispón dunha axuda para o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como ILE ou IER e que estean inscritos no rexistro administrativo habilitado para o efecto na propia Consellería.

Con cargo a estas axudas pode obterse unha subvención para o inicio e posta en marcha de actividade, á creación directa de emprego estable, á contratación de expertos técnicos de alta cualificación, ao apoio á función xerencial ou subvención financeira.

Se queres saber máis sobre a cualificación dunha iniciativa como ILE ou IER ou solicitar a axuda, accede neste enlace á ficha do procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia e obtén toda a información actualizada:

Sede electrónica da Xunta de Galicia