Un xacemento de emprego é un sector económico ou parte deste no que se prevé que se vai demandar un número significativo de empregos nun futuro próximo, debido a transformacións económicas, sociais ou tecnolóxicas que xeran na sociedade necesidades non cubertas.

Ao ser reducido o número de empresas que ofrecen servizos dentro destes ámbitos, é moi probable que ao abeiro dos novos xacementos de emprego se xere unha gran cantidade de empregos, ou mesmo que teña lugar a aparición de novas profesións, motivo polo que pode ser unha vía a ter en conta á hora de realizar a túa busca de emprego.

Con carácter xeral, a Comisión Europea clasifica os Novos Xacementos de Emprego en catro grandes bloques:

Servizos da vida diaria

  • Os servizos a domicilio.

  • O coidado da infancia.

  • As novas tecnoloxías da información e da comunicación.

  • A axuda á mocidade en dificultade e á inserción.

Servizos da mellora do marco de vida

  • A mellora da vivenda.

  • A seguridade.

  • Os transportes colectivos locais.

  • A revalorización dos espazos públicos urbanos.

  • Os comercios de proximidade.

Servizos culturais e de ocio

  • O turismo.

  • O sector audiovisual.

  • A valorización do patrimonio cultural.

  • O desenvolvemento cultural local.

  • O deporte.

Servizos de medio ambiente

  • A xestión dos residuos.

  • A xestión da auga.

  • A protección e o mantemento das zonas naturais.

  • A normativa, o control da contaminación e as instalacións correspondentes.

  • As enerxías renovables.

Non obstante, de xeito constante están a xurdir novas necesidades que se poden materializar en oportunidades de emprego, e neste sentido o factor local pode ser de gran relevancia á hora de identificar novos xacementos de emprego dentro do teu ámbito de busca de emprego.