No caso de solicitar o recoñecemento de carencia de ánimo de lucro dos centros preexistentes, que figurasen inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, os centros deberán cumprir os seguintes requisitos:
- O patrimonio do titular do centro, ten carácter de irrepartible, agás a favor de entidades do mesmo carácter
- O titular do centro ten como finalidade primordial a integración de persoas con discapacidade en centros especiais de emprego
- A reinversión dos seus posibles beneficios ou excedentes faise no propio Centro Especial de Emprego ou noutros que carezan de ánimo de lucro
E achegar, ante o Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, a seguinte documentación:
- Solicitude de recoñecemento da condición de "sen ánimo de lucro"
- Certificación literal dos estatutos sociais do titular de centro, expedida polo rexistro onde figure inscrita a entidade
- Certificación literal dos estatutos sociais das entidades que participen indirectamente na entidade titular do centro de selo caso
- Memoria explicativa do destino previsto para os posibles beneficios xerados pola actividade do centro
- Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos:
- A través da Oficina Virtual Tributaria
- Mediante ingreso na entidade colaboradora. Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios, premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro CEE