Nomeamentos e ceses
PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DE NOMEAMENTOS E CESES
A representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas a inscrición dos nomeamentos, ceses ou renovacións dos membros do CONSELLO REITOR / ADMINISTRADOR ÚNICO / INTERVENTORES, achegando a seguinte documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico (TR814C):
- Solicitude (TR814C) de inscrición no Rexistro de Cooperativas dos nomeamentos e ceses.
- Certificación (Consello Reitor, Administración Única, Interventor/es) da acta da Asemblea xeral na que se adoptou o acordo de cese ou nomeamento que será emitida por quen exerza a Secretaría da Cooperativa e coa conformidade da Presidencia da Cooperativa, ou a Administración única ou liquidador/es coas sinaturas electrónicas.
- Copia autorizada e copia simple da escritura pública que conteña a certificación anterior, de ser o caso (é voluntario elevar a publico o acordo, mediante o outorgamento da escritura pública ante notario; para iso deberan escanealas xunto co resto da documentación neste procedemento específico e deberán achegar por medios físicos ao Rexistro de cooperativas competente a copia autorizada e a copia simple, de non achegalas serán requiridas).
- Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.
A representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas a inscrición dos nomeamentos, ceses ou renovacións de LETRADO ASESOR / AUDITOR DE CONTAS / OUTROS, achegando a seguinte documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814C:
- Solicitude (TR814C) de inscrición no Rexistro de Cooperativas dos nomeamentos e ceses.
- Certificación (Letrado/a Asesor/a, Auditor de Contas Anuais, outros) da acta da Asemblea xeral na que se adoptou o acordo de cese ou nomeamento, que será emitida por quen exerza a Secretaría da Cooperativa e coa conformidade da Presidencia da Cooperativa coas sinaturas electrónicas.
- Copia autorizada e copia simple da escritura pública que conteña a certificación anterior, de ser o caso (é voluntario elevar a publico o acordo, mediante o outorgamento da escritura pública ante notario; para iso deberan escanealas xunto co resto da documentación neste procedemento específico e deberán achegar por medios físicos ao Rexistro de cooperativas competente a copia autorizada e a copia simple, de non achegalas serán requiridas).
- Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Edif. Administrativo San Lázaro
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Telf: 981 545 540
Fax: 981 957 748
Localizar en Google Maps