Este novo programa de axudas que ten como obxectivo favorecer a contratación de persoas técnicas especialistas en organismos intermedios para que proporcionen asesoramento ás pemes galegas en materias relacionadas coas novas necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico xerado pola pandemia COVID-19.

Poderán solicitar asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais e de carácter tecnolóxico; consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica; agrupacións industriais empresariais; clústers empresariais e asociacións de persoas autónomas.

Os organismos intermedios que resulten beneficiarios poderán contratar -durante un período de 8 meses- persoas técnicas superiores e profesionais especialistas, que sexan desempregadas, para que proporcionen asesoramento en captación de financiamento e xestión financeira da empresa, relanzamento comercial, transformación dixital e asesoramento tecnolóxico, prevención de riscos laborais, apoio na implementación de proxectos e ferramentas de teletraballo, plans de continxencia na produción e na cadea loxística e apoio nos procesos de selección de persoal.

A contía das axudas, en concepto de incentivo por persoa contratada, establécese en función da súa titulación e grupo de cotización e poderá variar entre os 10.000 e os 13.500 euros.

 

Requisitos e criterios para a selección e contratación das persoas traballadoras

O persoal contratado deberá cumprir, no momento de formalizar o contrato, os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión dunha das seguintes titulacións:

Título universitario medio ou superior (titulación de grao): licenciatura, enxeñaría, arquitectura, graduado/a, diplomatura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.

Título de formación profesional de grao superior ou equivalente.

No caso de estar en posesión dun título obtido nun país estranxeiro, a dita titulación deberá ser equiparable en capacitación a algunha das anteriores.

  • Figurar inscrito como demandante de emprego non ocupado.

Os contratos de traballo por conta allea que se formalicen terán as seguintes características:

  • Serán contratacións iniciais indefinidas a tempo completo, ou temporais a tempo completo; neste caso terán unha duración de 8 meses.
  • A retribución salarial anual bruta que percibirá cada persoa contratada deberá respectar, como mínimo e en calquera caso, o convenio colectivo que sexa de aplicación.
  • Os organismos beneficiarios deberán respectar o grupo de cotización correspondente á titulación da persoa contratada.

Infografía informativa organismos intermedios

Relación de entidades beneficiarias del Programa de axudas á contratación en Organismos Intermedios (TR332C)

ENTIDADE Nº E TIPO DE PRAZA A CONTRATAR WEB TELÉFONO
ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE REPARACIÓN Y VENTA DE AUTOMÓVILES Y RECAMBIOS (APREVAR) 1 Título superior universitario Enlace 982303902
ASOCIACIÓN EMPRESARIAL GALEGA DE CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO SEN ÁNIMO DE LUCRO (CEGASAL) 1 Título superior universitario Enlace 673042029
ASOCIACIÓN AUTÓNOMA DE EMPRESARIOS DE TALLERES DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS AUTOMÓVILES DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (ATRA) 1 Título superior universitario Enlace 986224702
ASOCIACIÓN OLEIRA DE BUÑO 1 Título superior universitario - 607958186
ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES INDUSTRIALES SERVICIOS Y AUTÓNOMOS DEL MUNICIPIO DE RIBADEO (ACISA) 1 Título superior universitario Enlace 982120565
ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE INDUSTRIALES Y COMERCIANTES DE LA ZONA TRAVIESAS-VIGO (AETRAVI) 1 Título superior universitario Enlace 986236546
664494222
ASOCIACIÓN DE AUTÓNOMOS E PEQUENAS EMPRESAS DE GALICIA (APE GALICIA) 1 Título FP de grao superior ou equivalente
1 Título superior universitario
Enlace 986891657
663881047
ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL ÓDEGA 1 Título medio universitario Enlace 981680114
ASOCIACIÓN SECTORIAL LÁCTEA E AGRÍCOLA GALEGA (ASELAGA) 1 Título superior universitario Enlace 981530500
ASOCIACIÓN PROFESIONAL GANDEIROS DE LUGO 1 Título medio universitario Enlace 982245220
ASOCIACIÓN SECTORIAL FORESTAL GALEGA (ASEFOGA) 1 Título medio universitario Enlace 981530500
ASOCIACIÓN AGROGANDEIRA OURENSÁ 1 Título medio universitario  - 988471500
UNIÓN LEITEIRA GALEGA (ULEGA) 1 Título medio universitario 981530500
FEDERACIÓN GALEGA DE MEDIO AMBIENTE (FEGAMA) 1 Título FP de grao superior ou equivalente Enlace 981530500
ASOCIACIÓN NACIONAL DE EMPRESAS DISTRIBUIDORAS DE ELECTRODOMÉSTICOS (ADEN) 1 Título medio universitario Enlace 617471554
FEDERACIÓN EMPRESARIAL DE ASERRADORES Y REMATANTES DE MADERAS DE GALICIA (FEARMAGA) 1 Título superior universitario Enlace 981568390
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE DEZA 1 Título medio universitario Enlace 986787091
REDE GALEGA DE EMPRESAS 1 Título superior universitario Enlace 881031472
ASOCIACIÓN CLÚSTER XEOTERMIA GALEGA (ACLUXEGA) 1 Título superior universitario Enlace 886122895
648117342
FUNDACIÓN SANTIAGO CENTRO ÁREA COMERCIAL 1 Título superior universitario Enlace 981554295
ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS DE XARDINERÍA (AGAEXAR) 1 Título superior universitario Enlace 607958186
ASOCIACIÓN EMPRESARIOS DE MOS (AEMOS) 1 Título superior universitario Enlace 986498820
696488120
ASOCIACIÓN XÓVENES EMPRESARIOS PROVINCIA DE A CORUÑA 1 Título superior universitario Enlace 661514183
ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL DA COMARCA DE LUGO (ADR COMARCA DE LUGO) 1 Título superior universitario Enlace 679732163
ASOCIACIÓN CLÚSTER DEL NAVAL GALLEGO  1 Título superior universitario Enlace 981578206
664259424
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS USUARIOS DE SUELO INDUSTRIAL DE AS PONTES (SEARA) 1 Título FP de grao superior ou equivalente Enlace 881245992
670359540
ASOCIACIÓN PROVINCIAL EMPRESARIOS DE LA 1ª TRANSFORMACIÓN DE LA MADERA DE LUGO 2 Título superior universitario Enlace 982203233
606457660
ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE LUGO (AJE LUGO) 3 Título superior universitario Enlace 982224699
611490014
FEDERACIÓN GALEGA DE XOVES EMPRESARIOS 1 Título superior universitario Enlace 647770277
ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA 1 Título superior universitario Enlace 986862550
ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE VIGO Y MANCOMUNIDAD 1 Título superior universitario Enlace 647770277
ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE EMPRESAS MEDIOAMBIENTALES (APROEMA) 1 Título superior universitario Enlace 986430619
666489051
ASOCIACIÓN DE TRABALLADORES POR CONTA PROPIA DE GALICIA (ATA GALICIA) 1 Título medio universitario Enlace 981243450
618516004
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS POLÍGONO SAN CIBRAO 1 Título superior universitario Enlace 988383756
ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA DE GALICIA (APETAMCOR) 3 Título superior universitario Enlace 988254200
687706450
FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EMPRESARIAIS E PROFESIONAIS E PROFESIONAIS DE TRANSPORTE (FEGATRANS) 1 Título FP de grao superior ou equivalente
2 Título superior universitario
- 988254200
687706450
ASOCIACIÓN JÓVENES EMPRESARIOS DE OURENSE 1 Título superior universitario Enlace 675800096
677157097
ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL 1 Título superior universitario Enlace 981333322
ASOCIACIÓN GALLEGA DE TRABAJADORES AUTÓNOMOS Y DEL MAR (AGTAMAR) 1 Título FP de grao superior ou equivalente Enlace 605623722
ASOCIACIÓN EMPRESARIOS DE POLÍGONOS INDUSTRIAIS DE O CEAO E AS GÁNDARAS DE LUGO 2 Título superior universitario Enlace 982209745
649432234
ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, EMPRESARIOS E PROFESIONAIS DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE OURENSE 1 Título superior universitario
1 Título FP de grao superior ou equivalente
Enlace 698190230
ASOCIACIÓN GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL RIBEIRA SACRA COUREL 1 Título superior universitario Enlace 609814925
ASOCIACIÓN RIANXEIRA DE EMPRESARIOS 2 Título FP de grao superior ou equivalente Enlace 981866312
628486075
FEDERACIÓN GALEGA DE PARQUES EMPRESARIAIS 1 Título medio universitario
1 Título FP de grao superior ou equivalente
Enlace 646279198
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS AS GÁNDARAS PORRIÑO 1 Título medio universitario Enlace 646279198

Data límite de contratación: 30 de setembro de 2020

Acceso á convocatoria

Convocatoria Organismos Intermedios