Os programas de cooperación buscan mellorar a empregabilidade de persoas demandantes de emprego que, dispoñendo de suficiente formación, carecen de experiencia laboral o que supón que na realidade condicione as súas candidaturas nos procesos de selección.

Polo tanto, estes programas de cooperación ofrecen a posibilidade de desempeñar un labor profesional mediante un contrato laboral para as persoas que participen nos mesmos.

Tes toda a información referente aos programas de cooperación neste enlace da páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Programas de cooperación

Se tes interese en poder participar nos programas de cooperación, solicita na túa oficina de emprego que che activen o servizo. 

En caso de dúbida sobre se podes ter dereito a participar nestes programas ou se son axeitados ao teu caso particular, lembra que dende o servizo de orientación laboral poden axudarche na túa toma de decisións.