Ao longo deste 2019 a Xunta de Galicia apoiará con 9,4 M€ a formación e a contratación de 1.100 persoas pertencentes aos colectivos con máis dificultades para obter un posto de traballo, incidindo os óptimos resultados logrados no ano 2018, no que se contrataron outras 1.100 persoas, cumplindo co 100% das expectativas.

O Programa Galicia Emprega se concreta no 2019 en 4 programas:

  • Emprega Muller, con axudas mínimas para contratos indefinidos de 12.000 euros.
  • Emprega Persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión, con incentivos de 8.000 euros para contratación inicial e 16.000 euros para contratos indefinidos.
  • Emprega Parados de longa duración, con 5.000 euros de axuda para contratos de 12 meses a xornada completa, chegando aos 10.000 euros de tratarse dun contrato indefinido.
  • Emprega Xuventude cunha contía de 3.000 euros para contratos dun ano de duración, pasando a 6.000 euros no caso de contratos indefinidos.

Nestes programas, que irán convocándose ao longo do ano, financiarase tanto a formación (cun bono formación para que as persoas traballadoras poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial) como a contratación.

Nestas modalidades, as persoas traballadoras serán contratadas de xeito inicial como mínimo por 12 meses a xornada completa, e cun mínimo de entre 50 e 70 horas de formación segundo o tipo de contrato.

 

Máis información sobre o Programa 

Programa Emprega Parados longa duración

Programa Emprega Xuventude

Programa Emprega Muller

 

"O Programa Galicia Emprega busca potenciar a formación e a contratación de colectivos con maiores dificultades para o acceso ao emprego"