Vense de publicarse no DOG de 16 de abril a orde pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (premios RSE Galicia), ao que poderán optar todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia.

 Premios RSE Galicia 2019


Os recoñecementos dos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia son de dous tipos:

  1. Premio á Responsabilidade Social Empresarial, no que haberá 3 categorías: pequena, mediana e grande empresa.
  2. Mención á Conciliación, que non ten categorías, sendo independente do tamaño da empresa.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 17 de xuño de 2019.

Para máis información, pode accederse á convocatoria no DOG neste enlace e á sección específica dos mesmos no portal rse.xunta.gal neste outro enlace.

Por último, mencionar que a participación tense que realizar por medio da sede electrónica da Xunta de Galicia, podendo acceder ao procedemento a través do seguinte enlace:

Premios RSE Galicia 2019