O Ministerio de Defensa ven de publicar a oferta de prazas para militares de tropa e mariñeiría para o ano 2020 segundo a resolución 452/38033/2020 publicada no BOE 41 de 17 de febreiro.

Espéranse dous ciclos de prazas durante o ano, ofertándose neste primeiro ciclo un total de 3.650 prazas, distribuídas do seguinte xeito:

  • 2.230 para o Exército de Terra
  • 620 para a Armada
  • 800 para o Exército do Aire

As bases da convocatoria pódense atopar nos seguintes enlaces, podéndose solicitar cita previa para participar no proceso ata o 2 de marzo de 2020:

Publicación BOEMáis información

Do total de prazas convocadas, en Galicia hai un total de 133 prazas repartidas coa seguinte distribución: 

Ferrol

Infantería de Marina: 24 prazas

Armada operacións e sistemas: 38 prazas

Armada enerxía e propulsión: 25 prazas

Santiago de Compostela

Auxiliar de mantemento e infraestruturas: 1 praza

Operador de equipos e sistemas: 1 praza

Protección da forza e apoio: 2 prazas

Noia

Auxiliar de mantemento e infraestruturas: 1 praza

Pontevedra

Infantería lixeira: 20 prazas

Inxeñeiros: 20 prazas

Músico Escola Naval de Marín: 1 praza

»O segundo ciclo de selección abrirase entre o 9 e o 22 de xuño de 2020«

Para máis información do proceso selectivo, che presentamos a relación de centros da Defensa nos que che poderán axudar:

A Coruña

Avda. Porto da Coruña, 15

15006 A Coruña

Teléfono: 981.12.68.13 / 981.12.68.14

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ferrol

C/ Cuntis, 26-28

15403 Ferrol

Teléfono: 981.33.05.87

Lugo

C/ Ronda da Muralla, 142, baixo

27004 Lugo

Teléfono: 982. 26.44.46

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ourense

C/ Paseo, 35

32003 Ourense

Teléfono: 988.21.22.00

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Pontevedra

Paseo de Cervantes, 3

36001 Pontevedra

Teléfono: 986.86.87.06 / 986.85.18.73

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.