A través desta páxina poderás acceder ás distintas solicitudes de prestación de desemprego no estado de alarma (en España) e / ou no estado de emerxencia (en Portugal):

Solicitude de prestación por desemprego para persoas traballadoras transfronteirizas afectadas por un ERTE

A normativa laboral española, no texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro regula unha serie de medidas de carácter temporal que as empresas poden adoptar cando existan causas debidamente justificadas.

Así, entre outros motivos, debido á existencia de causas de forza maior temporal, a persoa empresaria pode decidir suspender os contratos de traballo ou reducir a xornada laboral mediante o mecanismo do Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE).

O Expediente de Regulación Temporal de Emprego é unha autorización limitada no tempo para unha compañía mediante a que pode suspender un ou varios contratos de traballo durante un tempo determinado. O ERTE está pensado unicamente para crises temporais o que implican que, o persoal que cesa en funcións, volverá vincularse coa compañía no futuro.

Así, as persoas afectadas por un ERTE continúan vinculadas á empresa pero, con carácter xeral, non cobran nin xeran dereito a pagas extra nin vacacións durante o tempo que permanecen fóra do seu posto de traballo.

A través do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 o Goberno de España estableceu:

  • Medidas excepcionais en relación cos procedementos de suspensión de contratos e redución de xornada (ERTE) por causa de forza maior (art. 22) e por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción (art. 23) relacionadas co COVID-19.
  • Medidas extraordinarias en materia de protección por desemprego.

No que respecta ás medidas excepcionais en materia de protección de desemprego establécese que:

As persoas afectadas por ERTEs non teñen que presentar solicitude de prestación por desemprego ante o SEPE. Será a empresa quen se encargue de facelo cando teña solicitado o ERTE ante a autoridade laboral.

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) encargarase de tramitar de oficio a prestación por desemprego desencadeada por un ERTE vinculado ao coronavirus.

Non existe ningunha excepción se unha persoa traballadora transfronteiriza con residencia en Portugal e traballo en España suspende a súa relación laboral ou ve reducida a súa xornada de traballo por un ERTE.

A competencia na atribución da prestación de desemprego tena España, sempre que a persoa traballadora quede a disposición da empresa e dos Servizos Públicos de Emprego españois.

Polo tanto, a persoa traballadora transfronteiriza con residencia en Portugal terá o mesmo tratamento que a persoa traballadora residente en España e non terá que realizar ningún trámite.

Información SEPE Paro transfronterizo

Solicitude de prestación por desemprego para persoas traballadoras transfronteirizas NON afectadas por un ERTE

Se unha persoa traballadora TRANSFRONTEIRIZA (toda persoa que realice unha actividade por conta allea ou propia nun Estado membro - España - e resida noutro Estado membro - Portugal - ao que regrese normalmente a diario ou polo menos unha vez por semana - art. 1.f) do Regulamento CE nº 883/2004 de Coordinación dos Sistemas de Seguridade Social) queda en situación de desemprego total deberá:

  • Inscribirse como solicitante de emprego no Servizo de Emprego de Portugal (IEFP) cumprindo as regras da lexislación portuguesa;
  • Solicitar no Servizo Público de Emprego de España (SEPE) o documento portátil U1;
  • Solicitar a prestación de desemprego ante os servizos de Segurança Social de Portugal presentando o modelo U1 que previamente foi solicitado en España.

 

Para inscribirse como solicitante de emprego no IEFP

Enviar e-mail para o Servizo de Emprego da área de residencia solicitando a declaración de desempregado por esa vía ou solicitar cita previa e esperar a ser contactado polo SE.

Se lle fose imposible efectuar este trámite telematicamente e necesita atención presencial, pode solicitar cita previa para atención presencial e esperar a ser contactado polo Servizo de Emprego.

Para solicitar o U1 en Galicia

Deberá comprimentar o formulario que se achega no seguinte enlace:

Formulario solicitude U1 en Galicia

E envialo por correo electrónico a algún dos que seguen a continuación, segundo a provincia na que tivese a última relación laboral:

A persoa traballadora desempregada beneficiarase dunha prestación de conformidade coa lexislación portuguesa coma se estivese suxeito a esta lexislación durante a súa última actividade por conta allea, que será pagada pola Seguridade Social Portuguesa.

Para solicitar a prestación de desemprego ante os servizos de Segurança de Portugal

Debe presentar o Documento Portátil U1 xunto coa declaración da empresa que probe o desemprego involuntario e o último recibo de salario, no Centro Distrital da área de residencia a través do e-mail: ISS-Iinternacionais@seg-social.pt.

Formulario solicitude U1 en Portugal

Solicitude de prestación por desemprego para persoas traballadoras transfronteirizas afectadas por un LAY OFF

O Código do Trabalho (Lei 7/ 2009 de 12 de febreiro) na súa redacción actual contempla a redución temporal do período normal de traballo ou a suspensión do contrato de traballo (vulgo lay-off), por iniciativa da empresa, por un feito imputable á persoa empregadora en situación de crise empresarial por motivos de mercado, estruturais ou tecnolóxicos, catástrofes ou outras situacións que afectasen gravemente á actividade normal da empresa, sempre que esta medida sexa indispensable para asegurar a viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo (art. 298 e ss).

Como consecuencia da pandemia de COVID-19 e os seus efectos no mercado de traballo o Goberno de Portugal promulga o Decreto-Lei n.º 10-G/2020 de 26 de marzo a través do cal se establece unha medida excepcional e temporal de protección dos postos de traballo, que se inspira no réxime tradicional de Lay Off e que se coñece como Lay Off Simplificado e pretende ser máis rápida e flexible que a súa antecesora.

A empresa que se adhiran a un proceso de Lay Off Simplificado poderán suspender o contrato de traballo ou reducir o horario das súas persoas traballadoras.

Como consecuencia, as persoas traballadoras terán dereito a recibir 2/3 da remuneración bruta, sendo o 70% achegado pola Segurança Social (Pt) e o 30% pola empresa.

A remuneración terá como límite mínimo o salario mínimo nacional (635€) e como máximo tres salarios mínimos (1.095€).

PROCEDEMENTO:

A persoa empregadora deberá comunicar por escrito ás persoas traballadoras a decisión de solicitar o apoio, indicando a duración previsible do mesmo.

De inmediato a empresa remitirá a solicitude electrónica á Segurança Social acompañada dunha lista nominativa e o número de Seguridade Social de todas as persoas traballadoras afectadas por esta medida.

Por tanto, a persoa traballadora transfronteiriza con residencia en Galicia terá o mesmo tratamento que a persoas traballadora residente en Portugal e non terá que realizar ningún trámite.

CONTACTOS:

  • Segurança social

tel.: (+351) 300 502 502

Preguntas frecuentes lay off

 

  • Direção-geral do emprego e das condições do trabalho (DGERT)

Portal web Direção-geral

  • Autoridade para as condiçoes de trabalho (ACT)

    telf.: (+351) 300 029 300

Portal web Autoridade

Solicitude de prestación por desemprego para persoas traballadoras transfronteirizas NON afectadas por un LAY OFF

Se unha persoa traballadora TRANSFRONTEIRIZA (toda persoa que realice unha actividade por conta allea ou propia nun Estado membro - Portugal - e resida noutro Estado membro - España - ao que regrese normalmente a diario ou polo menos unha vez por semana - art. 1.f) do Regulamento CE nº 883/2004 de Coordinación dos Sistemas de Seguridade Social) queda en situación de desemprego total deberá:

  • Inscribirse como demandante de emprego no Servizo de Emprego de Galicia;
  • Solicitar á Segurança Social de Portugal a emisión do Documento Portátil U1;
  • Solicitar a prestación de desemprego no SEPE (Servizo Público de Emprego de España) achegando na solicitude o Documento Portátil U1 que previamente solicitaría.

 

Para inscribirse como demandante de emprego en Emprego Galicia

Medidas Covid Galicia

1. Se nunca estivo inscrito como demandante de emprego en Galicia debe solicitar a alta inicial cumprimentando un formulario on-line que atopará en:

Formulario alta demanda

Unha vez rexistrada a súa solicitude a Oficina de Emprego contactará con vostede se é necesario para completar a súa demanda de emprego.

2. Se xa estivo algunha vez inscrito como demandante de emprego poderá reactivar a súa demanda a través da Oficina Virtual, ou contactando coa súa oficina de emprego cuxos datos pode atopar no buscador de oficinas.

Oficina virtualBuscador de oficinas

Para solicitar en Portugal a emisión do U1

Para solicitar en Portugal a emisión do U1 deberá:

1. Cumprimentar o formulario que se achega no seguinte enlace:

Formulario solicitude U1 en Portugal

2. Enviar o formulario de solicitude por email para ISS-Iinternacionais@seg-social.pt, indicando o nome completo, data de nacemento e Número de Segurança Social (NISS).

Debe tamén anexar a Declaración da Situación de Desemprego emitida pola entidade patronal.

 

Para solicitar a prestación de desemprego no SEPE

Para solicitar a prestación de desemprego no SEPE deberá atender ao que se inclúe no seguinte enlace:

Información SEPE
Covid-19

  • Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
    • Obter o recoñecemento da prestación contributiva no momento, accedendo a este enlace.
  • Se NON dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
    • Formulario para pre-solicitude individual de prestacións por desemprego, accedendo a través deste enlace.
    • Solicite cita previa telemáticamente, a través deste enlace, para ser atendido polo SEPE (indique correo electrónico).

Procedementos de solicitude de Prestación

E non seguintes enlaces se presentan os procedementos a seguir para solicitar a prestación por enfermidade Covid e para solicitar a prestación por enfermidade por illamento profiláctico.

Solicitude de prestación por enfermidade CovidSolicitude de prestación por illamento profiláctico