A SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.) vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a apertura do prazo de actualización de méritos por parte dos integrantes das listas previas e/ou, de ser o caso, das novas persoas candidatas a ser incluídas nas mesmas.

Actualización de méritos por parte das persoas integrantes das listas previas e/ou  de novas persoas candidatas a ser incluídas nas mesmas

  • Enxeñeiro/a de Montes
  • Enxeñeiro/a Técnico Forestal
  • Enxeñeiro/a Técnico Agrícola
  • Enxeñeiro/a de Camiños, Canles e Portos
  • Enxeñeiro/a Técnico de Obras Públicas
  • Capataz
  • Xefe de Brigada
  • Maquinista-condutor
  • Peón Especialista
  • Peón
  • Titulado/a en Ciencias do Mar

Actualización de méritos por parte das persoas integrantes das listas previas

  • Enxeñeiro/a Agrónomo
  • Arquitecto/a
  • Arquitecto/a técnico
  • Oficial administrativo
  • Auxiliar administrativo
  • Licenciado/a en Dereito
  • Biólogo/a
  • Técnico/a de Laboratorio
  • Licenciado/a en Económicas

Documentación a presentar

O proceso de cualificación das novas persoas candidatas, e actualización de méritos dos integrantes das listas previas, axustarase ao disposto nas bases xerais e bases específicas da correspondente convocatoria para cada categoría profesional:

  • No caso de integrantes das listas previas que só desexen actualizar méritos, estes deberán achegar a documentación acreditativa dos mesmos que se axuste ao recollido nas bases específicas para a correspondente categoría profesional.
  • No caso de novas persoas candidatas, estas deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle no apartado "Solicitudes" das correspondentes bases específicas.

A actualización dos méritos serán computables ata o día 30 de setembro do 2020.

No caso das persoas traballadoras que prestaran ou presten servizos en SEAGA a esa data, a actualización de méritos correspondentes aos períodos traballados nesta empresa efectuarase de oficio por parte de SEAGA.

Lugar de presentación

As solicitudes ou actualización de méritos dirixiranse ao Director-Xerente de SEAGA, e a súa presentación poderase facer por dúas vías:

Nas oficinas de rexistro de SEAGA, de luns a xoves, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 17:30 horas, e os venres en horario de 9:00 horas a 14:00 horas, sitas en:

  • Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela. Teléfono cita previa: 881 997 199
  • Polígono do Ceao, Rúa dos Carros, parcela 17, 27003 - Lugo. Teléfono cita previa: 982 889 057
  • Pol. San Cibrao das Viñas, Sector C, Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa 1) Parcela I-G Nave 3, 32911 - San Cibrao das Viñas (Ourense). Teléfono cita previa: 988 386 893
  • Lugar Cabanas-Salcedo, nº 54, 36143 - Pontevedra. Teléfono cita previa: 986 803 938
  • Estrada N. VI, Km 58 1, 15640 Guísamo - Bergondo (A Coruña). Teléfono cita previa: 881 881 301

Importante: Será preciso acudir con cita previa, que se poderá solicitar a través dos seus respectivos teléfonos de contacto.

Tamén se poderá presentar por correo, nas oficinas do Organismo Estatal de Correos, mediante correo certificado con acuse de recibo debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía Fax, ao número 881 997 334, acreditación da dita presentación, que comprende tanto o resgardo acreditativo do envío que se entrega ao cliente por parte do Organismo Estatal de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección.

Prazo de presentación

O prazo de presentación e actualización de méritos estará aberto ata o 31 de outubro de 2020.

Máis información tamén no seguinte enlace:

Portal web SEAGA