Se tes experiencia nunha ocupación (máis de 3 anos de experiencia) e/ou formación non oficial (máis de 300 horas de formación non formal dentro dos 10 últimos anos) pero non tes ningún documento que acredite de xeito oficial a túa competencia, co procedemento de recoñecemento da experiencia profesional podes chegar a obter a acreditación de certas unidades de competencia que, posteriormente, che acheguen a posibilidade de poder completar un certificado de profesionalidade.

Convocatorias REXP 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 17) publicou o 26 de xaneiro de 2022 unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional das persoas traballadoras galegas. Trátase dunha convocatoria con 460 novas prazas, o que supón un total de 1.600 unidades de competencia e un total de 3 cualificacións.

Estas 3 cualificacións profesionais son as seguintes:

  • Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 240 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2, UC0081_2 e UC0082_2.

Estas unidades de competencia correspóndense con dous certificados de profesionalidade completos:

    • Vixilancia, seguridade privada e protección das persoas
    • Vixilancia, seguridade privada e protección de explosivo
  • Atención sociosanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (SAN122_2): 170 prazas.
  • Amarre de porto e monoboias (MAP404_!): 50 prazas.

Tamén se convocan 50 prazas na unidade de competencia UC0010_1 (Contribuír ás operacións de cuberta nunha embarcación pesqueira).

O prazo de inscrición desta convocatoria é desde o día 27 de xaneiro ata o día 23 de febreiro de 2022 (ámbolos dous incluídos)

Para poder presentarse deberán posuírse os seguintes requisitos:

  • Ter experiencia laboral de alomenos 3 anos nos últimos 15 anos,
  • Ou ter cursos de formación relacionados coa cualificación á que se queira presentar de 300 horas realizados nos últimos 10 anos.

 

No seguinte enlace preséntase o acceso á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. 

Convocatoria ano 2022

No seguinte vídeo tes, dun xeito visual e moi sinxelo, a principal información sobre o proceso de recoñecemento da experiencia profesional.

Lembra que o recoñecemento da profesionalidade é de carácter oficial, polo que ten validez en todo o Estado e acredita o teu futuro.

Tes tamén máis información e outros vídeos no seguinte enlace do portal web da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade:

Portal web da Consellería

Ou no Instituto Galego das Cualificacións, no teléfono 981 546 840

 

O proceso de recoñecemento da experiencia profesional

O proceso que se segue para o recoñecemento da experiencia laboral é o seguinte:

Imaxe co fluxo de como obter o recoñecemento rprofesionalidade

A Xunta de Galicia é pioneira a nivel estatal neste tipo de procedementos e somos a comunidade autónoma con maior número de prazas e máis cualificacións convocadas cada ano