Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet emprego.xunta.gal (en diante, o “Portal') que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia pon a disposición das persoas usuarias da Internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

Este sitio web contén a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, que desde o 2 de maio do 2011 ten carácter oficial e auténtico, segundo o indicado no artigo 12 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Con anterioridade a esta data, só ten a consideración de oficial e auténtica a edición impresa do Diario Oficial de Galicia.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo a persoa usuaria deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.

- A persoa usuaria queda obrigada a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos da persoa titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar no seu equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías seguintes (unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría):

Segundo o prazo de tempo que permanecen activadas

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e elimínanse ao abandonar o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Segundo a entidade que as xestione

  • Cookies propias: enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia. Obtén e conserva unicamente información relativa a datos de sesión e idioma. Son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal.
  • Cookies de terceiros: aquelas enviadas desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Segundo a súa finalidade

  • Cookies técnicas: permiten a navegación polo portal e o uso dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookies analíticas: permiten medir e analizar de forma estatística o comportamento das persoas usuarias no portal co obxectivo de melloralo.
  • Cookies de preferencias: permiten lembrar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias, como por exemplo o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Cookies propias

CookiesTipoTemporalidadeTitularidadeFinalidade
SESS*Seguridade / SesiónTemporal (aprox. 89 días)PropiaMantemento da sesión de usuario/a autenticado/a
amAuthCookiePrd, amlbcookiePrdSeguridadeSesiónPropiaAutenticación do usuario na área privada
xestion_cookiesFuncionalidadeTemporal (aprox. 84 días)PropiaControlar o consentimento sobre cookies
zarget_user_idFuncionalidadeTemporal (aprox. 50 días)PropiaIdentificador técnico de sesión

Google Analytics 4

CookiesTipoTemporalidadeTitularidadeFinalidade
_gaAnalíticaPersistente (2 anos)Allea (Google)
Condicións do servizo
Distinguir persoas usuarias
_gidAnalíticaTemporal (24 h)Allea (Google)
Condicións do servizo
Distinguir persoas usuarias
_ga_<id>AnalíticaPersistente (aprox. 59–60 días)Allea (Google)
Condicións do servizo
Mantén o estado da sesión e mide interaccións
Outras cookies presentes ao facer uso dos servizos de Google Funcionalidade, Seguridade, Analítica, Publicidade, PersonalizaciónPersistente, Temporal e SesiónAllea (Google)
Condicións do servizo
Melloran a seguridade e experiencia de uso das persoas usuarias na súa navegación

YouTube (vídeos embebidos)

CookiesTipoTemporalidadeTitularidadeFinalidade
VISITOR_INFO1_LIVEFuncionalidadeTemporal (aprox. 6 meses)Allea (Google/YouTube)
Condicións do servizo
Permite detectar e resolver problemas co servizo e lembrar preferencias de visualización
YSCSeguridadeSesiónAllea (Google/YouTube)
Condicións do servizo
Garantir que as solicitudes de navegación proveñan dunha persoa e non doutros sitios
Outras cookies presentes ao facer uso dos servizos de Google/YouTube Funcionalidade, Seguridade, Analítica, Publicidade, PersonalizaciónPersistente, Temporal e SesiónAllea (Google/YouTube)
Condicións do servizo
Melloran a seguridade, reprodución de vídeos e experiencia de uso das persoas usuarias

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de dous tipos:

  • Analíticas (Google Analytics): permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida transmítese a Google de forma anonimizada, polo que estas cookies non recollen datos persoais identificables. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados na sección “Xestión das cookies”.
  • Técnicas e de preferencias (YouTube): necesarias para a reprodución de vídeos embebidos e para lembrar parámetros de visualización ou preferencias do usuario. A información recollida por estas cookies é almacenada e xestionada directamente por YouTube/Google. Estas empresas realizan transferencias de datos a países fóra da Unión Europea, polo que recomendamos consultar a súa política de privacidade.

Transferencias internacionais de datos

O uso de Google Analytics e de servizos asociados a YouTube implica a realización de transferencias internacionais de datos fóra do Espazo Económico Europeo (EEE).

En concreto, Google LLC, con sede nos Estados Unidos, pode tratar os datos recollidos a través destas cookies para a prestación dos seus servizos. A Comisión Europea non outorgou unha decisión de adecuación plena respecto deste país; porén, Google aplica cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea como mecanismo de garantía adecuado.

Pode consultar máis información sobre estas transferencias e os mecanismos de protección empregados nas seguintes ligazóns oficiais:

En ausencia dunha decisión de adecuación ou de garantías adecuadas, a transferencia internacional de datos só se realizará co consentimento explícito da persoa usuaria, advertíndoa previamente do risco que pode supor para os seus dereitos.

Google Analytics e as redes sociais mencionadas realizan transferencias de datos a países fóra da Unión Europea. Pode consultar información detallada nas súas políticas de privacidade (ligazóns incluídas na táboa).

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, pode modificar a configuración do seu navegador. A continuación indícanse ligazóns con información sobre os navegadores máis habituais:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non funcionar correctamente.

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos personais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos personais.

Desde a Xunta de Galicia (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración), desexamos informarte, a efectos do previsto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos personais e á libre circulación destes datos e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais, de que dende esta entidade e en base ao cumprimento dunha misión realizada en interese público, así como para o cumprimento dunha obrigación legal, conforme á Lei 3/2023, de 28 de febreiro, de Emprego, estamos a tratar os teus datos coas finalidades de ocupación e mellora da empregabilidade das persoas demandantes dos servizos de emprego, ademais da axeitada protección e activación das mesmas cando se atopan en situación de necesidade e de falta de emprego, así como a prestación de servizos garantizados ás persoas, empresas e demais entidades empregadoras.

Podes solicitar o acceso, rectificación e supresión dos teus datos ou comunicar a oposición ao seu tratamento, así como exercitar outros dereitos e obter información adicional na seguinte ligazón: información sobre protección de datos personais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdicción

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal emprego.xunta.gal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.