Oficina virtual de Emprego Galicia

Se és unha persoa inscrita como demandante na comunidade autónoma de Galicia, podes realizar, sen necesidade de acudir á túa oficina de emprego, unha serie de xestións relacionadas coa túa demanda de emprego a través da nosa Oficina Virtual.

Para acceder á Oficina Virtual de Emprego Galicia tes que ter a túa demanda de emprego en situación de alta (salvo nos casos de reactivación da demanda, como se explica máis adiante) e contar cun usuario e contrasinal:

  • Usuario: Correo electronico ou DNI/NIE precedido dunha letra (exemplo: D00000000X)
  • Contrasinal: será o facilitado pola túa oficina de emprego no momento de inscribir ou clasificar a túa demanda de emprego. Se non o tes ou o esqueciches, podes xerar ou resetear un novo contrasinal a través do correo electrónico asociado á dita demanda.

Enlace para recuperar o contrasinal:

Recuperar o contrasinal

A través da oficina virtual accederás aos seguintes servizos:

Renovación da demanda, impresión de documentos e axenda
  • Renovación da demanda.
  • Visualización e impresión de documentos (curriculum vitae, tarxeta de demanda).
  • Axenda (citas, eventos...).
  • Xestión de datos persoais.
Recuperación da alta da demanda

Neste enlace podes seguir os pasos para recuperala.

Consulta e modificación de datos
  • Xestión do currículo personalizado.
  • Ofertas de emprego.
Adscrición a ofertas en difusión
  • Consultas de intermediación en ofertas e confirmación de dispoñibilidade.
  • Formación.
Formación para o emprego
  • Consultar os cursos realizados.
  • Solicitar especialidades formativas.
Orientación laboral
  • Solicitar cita de orientación laboral.
Obradoiros de emprego
  • Solicitar escolas obradoiro.
  • Solicitar obradoiros de emprego.

Aviso legal relativo ao tratamento de datos de carácter persoal:

Aviso legal