Espazo formativo en liña para achegar ás persoas autónomas, emprendedoras ou comerciantes contidos directos e prácticos que lles axuden a mellorar e facer medrar os seus negocios.
Se queres pór en marcha o teu proxecto profesional e requires acompañamento e asesoramento, a rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego é a resposta
Accede ao documento que presenta a Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 27 no que se detallan as liñas mestras para apoiar o emprego autónomo en Galicia nos vindeiros anos.
Este é un programa deseñado para persoas traballadoras autónomas que busquen mellorar a súa organización, vender máis ou poñerse ao día coa tecnoloxía. Aproveita a oportunidade!