Programa Bono Talento Empresa 2026

O 8 de maio de 2026 a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicou a 4ª Convocatoria das Axudas “Bono Talento Empresa”. É unha liña de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en liña coas “microcredenciais” da Axenda de Capacidades Europeas, polo que está cofinanciada nun 60% polo FSE+. Financia proxectos de formación non formal mediante a realización de ata 3 cursos ou accións formativas de curta duración (entre 16 e 100 horas) que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras dos centros de traballo en Galicia, onde se deberán desenvolver as actividades subvencionadas.
Entidades beneficiarias
As entidades que poden ser beneficiarias destas axudas son:
- Microempresas, pequenas e medianas empresas (PEMES) e grandes empresas.
- Persoas traballadoras autónomas que teñan contratadas ao seu cargo a persoas traballadoras por conta allea.
Tanto empresas como autónomos/as unicamente deberán ter centro de traballo en Galicia e unha antigüidade mínima de 3 anos.
Accións formativas subvencionables
As entidades que poden ser beneficiarias destas axudas son:
As accións formativas deben ser en modalidade presencial, podendo impartirse mediante aula virtual a través do Campus Virtual de Formación para o Emprego, e orientarse á adquisición de competencias nos ámbitos de capacitación detectados como prioritarios no marco da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego:
- Competencias dixitais,
- Competencias do ámbito asistencial,
- Competencias en procesos industriais,
- Competencias vinculadas á xestión empresarial,
- Competencias de prestación de servizos a clientes,
- Competencias en tecnoloxías limpas e eficientes no uso dos recursos.
As accións solicitadas non deben atoparse incluídas na oferta de formación recollida no Catálogo de Especialidades Formativas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), que se pode consultar a través da seguinte ligazón:
Prazo de execución das accións formativas
O prazo para solicitar a axuda é do 2 de xuño ao 3 de agosto de 2026.
Prazo de execución das accións formativas
O prazo para executar as accións formativas será o seguinte:
- Accións a desenvolver só no 2026: deberanse realizar entre o 2 de xuño e o 31 de outubro de 2026.
- Accións a desenvolver entre 2026 e 2027 ou só no 2027: poderanse realizar desde o 1 de novembro de 2026 ata o 30 de setembro de 2027.
Contía da subvención
Atendendo á tipoloxía da actividade subvencionable a contía da subvención determinarase e cuantificarase a través de módulos, resultado da suma de:
- 18,09 €/hora de formación, polo nº de persoas asalariadas da entidade beneficiaria que realicen a acción formativa.
- 20,42 €/hora de formación realizada DENTRO do horario laboral para cubrir o salario abonado ás persoas asalariadas, polo número de persoas asalariadas da entidade solicitante que participen na acción.
A intensidade máxima da axuda estará limitada a:
- 50% para as grandes empresas,
- 60% para as medianas empresas,
- 70% para as micro e pequenas empresas,
- 100% para as empresas do sector do transporte marítimo, que cumpran as condicións establecidas.
A contía máxima de subvención é de 25.000€ por empresa.
Nas tres convocatorias anteriores destas axudas (2023-2024, 2024-2025 e 2025-2026) un total de 265 empresas puideron beneficiarse destas axudas, ás que se lle concederon un total de 515 cursos, para un total de 2.634 persoas traballadoras en activo desas empresas.
Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva ata o agotamento do crédito: 2.200.000 euros.
Para máis información, na seguinte ligazón pódese acceder á páxina web dos Bonos Talento Empresa dentro do Portal da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración:
