Atopar persoas traballadoras en Europa. Eures para empresas

A rede EURES (EURopean Employment Services) é unha rede de cooperación dos servizos Públicos de Emprego do Espazo Económico Europeo (EEE) cuxo obxectivo é facilitar a libre circulación de personas traballadoras entre os 27 Estados miembros da UE, Suiza, Islandia, Liechtenstein e Noruega.
A rede está composta pola Oficina Europea de Coordinación, as Oficinas Nacionais de Coordinación, os socios de EURES e os socios de EURES asociados. Ademais, calquera organización que preste servizos de emprego pode adherirse á rede como membro ou como socio:
A través do portal da rede e previo rexistro gratuíto, podrás anunciar postos de traballo, atopar persoas candidatas ou xestionar as persoas candidatas seleccionadas.
Nos seguintes enlaces podes obter máis información dos servizos para a túa empresa que ofrece EURES e a rede específica EURES Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal (G-NP):
Información EURES para empresas EURES Tansfronteirizo (G-NP) para empresas
Para que vexas mellor os servizos que lle pode ofrecer á túa empresa a Rede Eures Transfronterizo, podes ver o seguinte vídeo informativo:
Se queres saber se a ocupación que está a buscar a túa empresa está regulada noutros estados membro, accede á base de datos de profesións reguladas da Comisión Europea no seguinte enlace:
Está regulada a profesión que busco?
En calquera caso, no seguinte vídeo (con audio en inglés) podes obter máis información sobre como usar o portal web da Rede EURES:
Como podo informarme con máis detalle?
Existe una estrutura de conselleiras e conselleiros EURES en Galicia que che proporcionarán información á medida das túas necesidades sobre ofertas de emprego e condicións de vida e trabajo nos países de Europa.
Os conselleiros EURES de Galicia podes atopalos nos seguintes enderezos:
- Conselleira EURES de A Coruña
-
Covadonga López López
Tfno.: +34 881 881 333
Fax: +34 881 881 339
Correo: eures.coruna [at] xunta.gal (eures[dot]coruna[at]xunta[dot]gal)
- Conselleiro EURES de Lugo
-
Álvaro Rodríguez Vázquez
Tfno.: +34 982 294 275
Correo: eures.lugo [at] xunta.gal (eures[dot]lugo[at]xunta[dot]gal)
- Conselleiras EURES de Pontevedra
-
María Teresa Serrano Moreno
Tfno.: +34 986 81 77 47
Correo: eures.pontevedra [at] xunta.gal (eures[dot]pontevedra[at]xunta[dot]gal)
Elisa González Pérez
EURES Transfronteirizo
Tfno.: +34 886 21 81 64
Correo: eures-t.pontevedra [at] xunta.gal (eures-t[dot]pontevedra[at]xunta[dot]gal)
- Conselleiro EURES de Ourense
-
Manuel Iglesias Suárez-Noguerol
Tfno.: +34 988 78 81 74
Correo: eures.ourense [at] xunta.gal (eures[dot]ourense[at]xunta[dot]gal)
