Formación con compromiso de contratación

A formación con compromiso de contratación é unha modalidade de formación coa que se pode deseñar un curso á medida da empresa, asumindo o compromiso de contratación dun número mínimo das persoas formadas.

Esta modalidade de formación, que é apoiada pola Consellería dentro dos seus programas de subvencións anuais, facilita o desenvolvemento de competencias profesionais adaptada ás necesidades específicas de cada empresa, contando ademais con accións formativas dirixidas preferentemente a persoas traballadoras ocupadas.

Para máis información sobre estas axudas, podes consultar todos os apoios disponibles para este tipo de actuacións na canle de axudas da sede electrónica da Xunta de Galicia, marcando a opción de "Empresas e profesionais", "Emprego e relacións laborais" e "Formación para o emprego" no seu buscador:

Canle de axudas