O proceso de busca de emprego. Reflexiona

O mercado de traballo está en permanente e constante transformación, polo que esperar pasivamente un posto de traballo non é a fórmula máis axeitada, sendo impensable hoxe en día.

Para lograr un traballo é necesario ter unha actitude constante e insistente, considerando que o factor tempo é indispensable na fórmula de buscar un emprego.

Antes de comezar a procura debes reflexionar sobre a túa propia persoa, porque ao longo deste proceso pediranche información relacionada con las siguientes catro preguntas:

  • Quen son?
  • Que quero facer?
  • Que podo facer?
  • Onde podo traballar?

A contestación a estas preguntas indicarache o camiño a seguir para conseguir emprego.

Na túa mochila, na que levas todas as túas ferramentas para atopar un emprego, debes meter tamén a túa valoración do teu propio itinerario persoal de emprego. Tes claras as actitudes, habilidades ou coñecementos que tes? En definitiva, coñeces as túas competencias?

Lembra

  • Reflexiona sobre o importante.
  • Fórmate.
  • Coñécete a ti mesmo/a.
  • Pensa detidamente.
  • Mantén unha actitude positiva. Non te desanimes.
  • Valora as túas posibilidades.
  • Aproveita as oportunidades.
  • Sé firme, perseverante e tenaz.
  • Proponte proxectos e finalízaos.
  • Actúa activamente.
  • Presta atención ao que ocorre ao teu arredor.
  • Mide os teus límites.