O teu CV. Erros a evitar
E por último, evita entre outros os seguintes erros
- As faltas de ortografía, borranchos ou emendas.
- Escribir o CV á man, salvo que o indique expresamente a convocatoria.
- Referencias íntimas e problemática persoal.
- Que se produzan baleiros no teu CV; se é así, non poñas datas ou argumenta porque foi así.
- Os "etc." e outras vaguidades.
- Non incluír no CV nada que che poida prexudicar, por exemplo as notas.
- Nunca mencionar militancia política, sindical ou relixiosa.
- Non falar do salario que se desexa percibir.
- Hai que resaltar os aspectos positivos que teñas, pero nunca outorgar méritos falsos.
- Utilizar frases en primeira persoa.
- Acompañalo de títulos, certificados, diplomas, etc. Levaralos á entrevista para que, se cho piden, poidas acreditar a información.
- Non mintas nin falsees os datos, o que non quere dicir que teñas que dicir toda a verdade.
- Intenta non inflar o CV con datos irrelevantes.
- Non o asines.
