Programa Retorna Cualifica Emprego 2026

Programa retorna cualifica empregoA Xunta de Galicia continúa apostando por dar ás persoas que tiveron que emigrar así como a súa descendencia, a oportunidade de regresar a Galicia e poder desenvolver un proxecto de vida nesta comunidade. Para iso cómpre facilitar que as persoas interesadas en retornar a Galicia dispoñan tanto de información como de formación que lles permita contar cunha oferta de traballo e chegar a Galicia coa garantía da súa inserción laboral. Estes son precisamente os obxectivos do Programa Retorna Cualifica Emprego.

Por iso, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon en marcha o Programa Retorna Cualifica Emprego 2026 coa publicación da Orde do 24 de abril de 2026 (DOG do 29 de abril de 2026) pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas a realización do Programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027.

As entidades beneficiarias das subvencións deberán levar a cabo o desenvolvemento do Programa na súa integridade, é dicir, desenvolverán as accións para permitir o regreso de 200 galegas e galegos menores de 55 anos residentes no exterior e que irá acompañado dun plan personalizado de cualificación e empregabilidade así como de recursos de formación e a formalización do correspondente contrato de traballo, incluíndo axudas económicas para atender as súas primeiras necesidades en Galicia e para facilitar o seu acceso a unha vivienda en aluguer.

 

Requisitos de las personas participantes

Poderán participar no Programa todas aquelas persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega residentes no exterior que estean interesadas en integrarse laboralmente en Galicia e que cumpran seguintes requisitos:

a) Estar en posesión da nacionalidade española.

b) Ser menor de 55 anos.

c) Residir fóra de España.

d) Acreditar un mínimo dun ano de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data de inicio de participación no Programa Retorna Cualifica Emprego.

e) Estar vinculado a Galicia por algún destes xeitos:

  • Ser persoa nada en Galicia.
  • Ser emigrante non nado en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante cinco (5) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
  • Ser descendente por consanguinidade de persoa nada en Galicia.

Poderán participar tamén no Programa o cónxuxe / parella que, sen cumprir cos requisitos de nacionalidade española e vínculo con Galicia, estea tamén en disposición de aceptar un contrato de traballo en Galicia, e que cumpran cos requisitos que a normativa de aplicación esixa.

Compromiso das persoas participantes

A aceptación do posto de traballo implica unha permanencia mínima en Galicia de 12 meses.

Este compromiso de permanencia deberá constar por escrito e, no caso de que o participante decida finalizar voluntariamente a relación laboral ou se produza un despido procedente disciplinario, poderá implicar o reintegro das axudas económicas percibidas.

Tipos de accións formativas de reforzo

As accións formativas terán como obxectivo reforzar a capacitación profesional da persoa permitíndolle adquirir, actualizar, reciclar e completar o perfil de competencias profesionais axeitadas a ese posto de traballo que se lle oferte.

- Formación en competencias clave nivel 2 e nivel 3

As persoas que o desexen contarán cunha vía para poder realizar en Galicia accións formativas conducentes a certificados de profesionalidade, non tendo que agardar despois a ter homologados os seus estudos.

Poden realizar esta formación no seu país de orixe a través dos recursos formativos do campus virtual da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

- Accións formativas relacionadas co sector produtivo e posto de traballo ofertado pola empresa

Esta formación terá como obxectivo reforzar a capacitación profesional da persoa permitíndolle adquirir, actualizar, reciclar e completar o perfil de competencias profesionais axeitadas a ese posto de traballo que se lle oferte.

- Competencias dixitais

Formación nas destrezas necesarias para empregar as TICs como ferramenta no ámbito laboral (creación de correo electrónico, uso de navegadores da Internet…).

- Habilidades brandas

Formación orientada á potenciación das habilidades brandas tales como traballo colaborativo e en equipo, comunicación, negociación, xestión do estrés, creatividade, capacidade de adaptación, flexibilidade, actitudes, …

Contratación laboral no posto de traballo ofertado

Adicionalmente, formalizarase o contrato de traballo indefinido a tempo completo ou parcial.

No caso do contrato indefinido a tempo parcial, garantizarase como mínimo a media xornada (50% da xornada completa).

Axudas para facilitar a participación no Programa

A participación no Programa Retorna Cualifica Emprego é gratuita e contempla adicionalmente as seguintes axudas:

  • Gastos de traslado a Galicia.
  • Axuda económica de 1.400 euros para cubrir os primeiros gastos de instalación en Galicia.
  • Axuda de ata 3.000 euros para facilitar o acceso a unha vivenda en réxime de aluguer, aos efectos de poder atender os gastos derivados da formalización do contrato de aluguer, así como das primeiras mensualidades.

Relación de entidades xestoras do Programa
No caso de que che poida interesar participar, unha vez definidas, iranse publicando para a túa consulta os datos das entidades xestoras do Programa Retorna Cualifica Emprego que vaian executalo, detallándose tamén os postos ofertados correspondentes.

Tes información adicional na infografía explicativa que se ten deseñado para o Programa:

Infografía Programa Retorna Cualifica Emprego

E no seguinte enlace podes acceder ao portal do Programa:

Portal Retorna Cualifica Emprego