Programas de formación - emprego Talento mozo - 2026
Os programas de formación - emprego Talento mozo para persoas mozas, cofinanciados polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 ao 60% e Fondo Finalista do Estado ao 40% no marco do Plan Garantía Xuvenil Plus 2021-2027, configúranse como aqueles programas de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.
As entidades promotoras dos programas serán os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello de Galicia. A Xunta de Galicia subvencionará os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento do programa e os custos de contratación das persoas mozas participantes.
A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 12 meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Nos contratos para a formación en alternancia que a entidade promotora subscriba co alumnado participante nos programas de emprego, a Xunta de Galicia subvencionará o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta da persoa empregadora correspondentes á seguridade social, fondo de garantía salarial e desemprego previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.
Requisitos para poder participar
Os requirimentos para participar son os seguintes:
- Ter dezaoito ou máis anos de idade.
- Estar inscrito/a e en situación de persoas beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e ademais deberán manter o cumprimento dos requisitos para ser considerada persoa beneficiaria con carácter previo a participar nun programa de formación e emprego.
- Poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao programa mediante un contrato de tales características.
- No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados (formación académica ou no seu defecto as competencias clave que correspondan).
Forma de selección
A selección do alumnado, así como a do persoal directivo, docente e administrativo de apoio participante en cada programa de emprego será realizada pola entidade promotora.
Se és unha persoa inscrita no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e estás interesada en participar nun destes programas, non dubides en consultar directamente á entidade promotora ou á túa oficina de emprego.
Lembra, ademais, que a solicitude de participación en programas duais de emprego pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia:
LISTAXE DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN - EMPREGO TALENTO MOZO PARA PERSOAS MOZAS CONCEDIDOS 2026
Para facilitar a busca dos datos do teu interese, utiliza a caixa de busca (que busca en todas as columnas o texto que introduzas). Tamén podes ordear as columnas por orde alfabético (da A á Z, pulsando unha vez no título da columna que desexes ordear, ou da Z á A, se pulsas dúas veces no título da columna que desexes ordear).
| PROVINCIA | ENTIDADE PROMOTORA | CONCELLOS ASOCIADOS (de ser o caso) | NOME PROGRAMA DE EMPREGO | CERTIFICADO/S PROFESIONALIDADE - ESPECIALIDADES | NIVEL CERTIFICADO/S |
|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Concello das Pontes de García Rodriguez | As Somozas | Pontes de Emprego 2026-2027 | AGAO0208, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes | 2 |
| A Coruña | Concello das Pontes de García Rodriguez | As Somozas | Pontes de Emprego 2026-2027 | AGAR0208, Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas | 2 |
| A Coruña | Concello de Betanzos | Abegondo - Coirós - Paderne | Coidados e Inclusión Social | SSCE0111, Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade | 3 |
| A Coruña | Concello de Betanzos | Abegondo - Coirós - Paderne | Coidados e Inclusión Social | SSCS0108, Atención sociosanitaria a persoas no domicilio | 2 |
| A Coruña | Concello de Betanzos | Abegondo - Coirós - Paderne | Coidados e Inclusión Social | SSCS0208, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais | 2 |
| A Coruña | Concello de Boiro | A Pobra do Caramiñal - Rianxo | Xuventude II | AGAO0208, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes | 2 |
| A Coruña | Concello de Ferrol | Ferrol, Destino Turístico | HOTI0108, Promoción turística local e información ao visitante | 3 | |
| A Coruña | Concello de Santiago de Compostela | Proxecto Urbarte: Renaturalización e Arte no Espazo Urbano | AGAR0208, Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas | 2 | |
| A Coruña | Concello de Santiago de Compostela | Proxecto Urbarte: Renaturalización e Arte no Espazo Urbano | IMSV0209, Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos | 3 | |
| Lugo | Concello de Ribadeo | Barreiros | Máis Talento | AGAO0208, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes | 2 |
| Lugo | Concello de Ribadeo | Barreiros | Máis Talento | SSCB0110, Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais | 3 |
| Ourense | Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense | Talento Xove Mancourense | AGAR0208, Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas | 2 | |
| Ourense | Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense | Talento Xove Mancourense | SSCS0208, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais | 2 | |
| Ourense | Mancomunidade de Verín | Mocidade Mancomunidade de Verín VIII | AGAF0108, Fruticultura | 2 | |
| Ourense | Mancomunidade de Verín | Mocidade Mancomunidade de Verín VIII | SSCS0208, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais | 2 | |
| Pontevedra | Concello de Ponteareas | Compromiso Xuvenil II | HOTI0108, Promoción turística local e información ao visitante | 3 | |
| Pontevedra | Concello de Ponteareas | Compromiso Xuvenil II | SSCB0209, Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil | 2 | |
| Pontevedra | Concello de Ponteareas | Compromiso Xuvenil II | SSCB0211, Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil | 3 | |
| Pontevedra | Concello de Ponteareas | Compromiso Xuvenil II | SSCE0111, Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade | 3 | |
| Pontevedra | Concello de Porriño | O Noso Encontro co Emprego II | ADGG0208, Actividades administrativas na relación co cliente | 2 | |
| Pontevedra | Concello de Porriño | O Noso Encontro co Emprego II | ADGG0508, Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos | 1 | |
| Pontevedra | Concello de Porriño | O Noso Encontro co Emprego II | HOTR0108, Operacións básicas de cociña | 1 | |
| Pontevedra | Concello de Porriño | O Noso Encontro co Emprego II | HOTR0408, Cociña | 2 | |
| Pontevedra | Concello de Redondela | Programa de Formación-Emprego Talento Mozo de Redondela | EOCB0109, Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción | 1 | |
| Pontevedra | Concello de Redondela | Programa de Formación-Emprego Talento Mozo de Redondela | EOCB0110, Pintura decorativa en construción | 2 | |
| Pontevedra | Concello de Redondela | Programa de Formación-Emprego Talento Mozo de Redondela | EOCB0208, Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas | 1 | |
| Pontevedra | Concello de Redondela | Programa de Formación-Emprego Talento Mozo de Redondela | EOCJ0311, Operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción | 1 | |
| Pontevedra | Concello de Vilagarcía de Arousa | Labora Xove 2026 | AFDP0109, Socorrismo en instalacións acuáticas | 2 | |
| Pontevedra | Concello de Vilagarcía de Arousa | Labora Xove 2026 | AFDP0209, Socorrismo en espazos acuáticos naturais | 2 | |
| Pontevedra | Concello de Vilagarcía de Arousa | Labora Xove 2026 | AGAO0208, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes | 2 | |
| Pontevedra | Concello de Vilagarcía de Arousa | Labora Xove 2026 | AGAR0309, Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes | 1 | |
| Pontevedra | Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo | Maiv Talento Mozo 2026 | COMM0112, Xestión de márketing e comunicación | 3 | |
| Pontevedra | Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo | Maiv Talento Mozo 2026 | SSCB0109, Dinamización comunitaria | 3 | |
| Pontevedra | Mancomunidade de Concellos do Val Miñor | Obradoiro de Emprego Pedras do Miñor IV | EOCB0108, Fabricas de albanelería | 2 | |
| Pontevedra | Mancomunidade de Concellos do Val Miñor | Obradoiro de Emprego Pedras do Miñor IV | EOCB0109, Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción | 1 | |
| Pontevedra | Mancomunidade de Concellos do Val Miñor | Obradoiro de Emprego Pedras do Miñor IV | IEXD0409, Colocación de pedra natural | 2 |
Acceso á convocatoria
Por último, a continuación se dispón do enlace para acceder á publicación da convocatoria para maior información.

