SESIÓN GRUPAL: DESCUBRE A TÚA OPORTUNIDADE EN COREN

A continuación detallámosche os perfís que están a demandar xunto cos requisitos de cada un deles.

Operario/a de granxa

  • Funcións a desempeñar:
    • Alimentación, manexo e coidado dos animais (aves, porcino ou vacuno). 
    • Limpeza e desinfección das instalacións. 
    • Control de parámetros de saúde e benestar animal. 
    • Atención de alarmas da maquinaria.
  • Requisitos do posto:
    • Dispoñibilidade para traballar a quendas e fins de semana de forma rotatoria. 
    • Carné de conducir e vehículo propio. 
    • Esforzo físico.
    • Valorable experiencia en granxas.

Operario/a de centro de incubación Sobreira (Concello de Vilamarín)

  • Funcións a desempeñar:
    • Revisión e preparación de ovos para incubación.
    • Control e seguimento das incubadoras.
    • Limpeza industrial e cumprimento dos protocolos de bioseguridade.
  • Requisitos do posto:
    • Dispoñibilidade para traballar de luns a domingo, en quendas de mañá, tarde e noite.
    • Carné de conducir e vehículo propio.
    • Esforzo físico.

Operario/a de centro de procesado avícola (Ourense)

  • Funcións a desempeñar:
    • Manipulación e preparación de produto avícola.
    • Despezamento e acondicionamento do produto.
    • Limpeza e mantemento do posto de traballo.
  • Requisitos do posto:
    • Traballo en contornas de frío e en liñas de produción.
    • Valorarase experiencia previa na industria alimentaria.
    • Posibilidade de acceder a accións formativas con compromiso de contratación.

Si estás interesado/a:


Reserva a túa praza