SESIÓN GRUPAL: EMPRÉGATE CON CORTIZO

A continuación, informámosche das características principais dos perfís profesionais demandados pola empresa Cortizo:
Peón/Peoa de Produción
- Apoio ao proceso produtivo (extrusión, lacado, anodizado, etc.).
- Traballo físico.
- Xornada completa e quendas rotatorias.
- Valórase: FP en Construcións Metálicas, Mecanizado ou similar e experiencia en traballos manuais.
Peón/Peoa de Produción PVC
- Apoio ao proceso produtivo de PVC.
- Traballo físico.
- Quendas de fin de semana (12 h sábado + 12 h domingo)
- Valórase: FP e experiencia en traballos manuais.
Peón/Peoa de Almacén
- Apoio nas operacións de carga e descarga propias da actividade.
- Quendas rotatorias e traballo físico.
- Valórase: Formación en ponte guindastre e carretilla elevadora, así como experiencia previa en almacén.
Matriceiro/a
- Formación no proceso de produción de extrusión.
- Traballo a quendas.
- Requisitos obrigatorios: FP de grao medio ou superior en Fabricación Mecánica, Instalacións e Mantemento ou similar.
- Valórase: Experiencia en mecanizado e manexo de ferramentas de taller, axuste e montaxe.
Corrector/a de Matrices
- Formación no proceso de corrección e axuste de matrices.
- Requisitos: FP de grao medio ou superior en Fabricación Mecánica, Instalacións e Mantemento ou similar.
- Valórase: Experiencia en mecanizado e manexo de ferramentas de taller, axuste e montaxe.
Oficial de Mantemento
- Diagnóstico e reparación urxente, mantemento preventivo e predictivo especializado, realización de modificacións e melloras e control da seguridade.
- Traballo a quendas.
- Requisitos obrigatorios: FP en Electromecánica ou Electricidade e experiencia previa en mantemento.
Para participar nesta sesión grupal é preciso que reserves a túa praza nunha das seguintes oficinas de emprego:
- Oficina de emprego de Santiago Centro (CNTG)
- Oficina de emprego de Boiro
- Oficina de emprego de A Estrada
- Oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa
- Oficina de emprego de Caldas de Reis
- Oficina de emprego de Pontevedra
Se os cumpres e estás interesado/a:
