Sesións grupais informativas 2026

A continuación se relacionan as sesións grupais que está a promover Emprego Galicia durante este ano 2025 para dar a coñecer novas oportunidades de emprego en empresas e sectores económicos en Galicia, por orde de data de celebración, de máis actual a máis antiga.

 

Sesión grupal Emprégate: a túa oportunidade en EULEN

 

A oficina de emprego de Ourense Centro organiza esta sesión grupal  para achegarte as novas oportunidades laborais da man de EULEN no eido da limpeza industrial.

Consulta requisitos!

15 de xullo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal Infórmate: oportunidades de emprego para as persoas mozas

 

As oficinas de emprego de Redondela, Cambados, Coruña Tornos, Coruña Centro e Vigo López Mora desenvolven esta sesión grupal centrada nas persoas mozas para ensinarlles a utilizar a Oficina Virtual de Emprego e acceder aos seus servizos para o proceso de busca de emprego.

Lánzate a por ese futuro que te está agardando!

9 de xullo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal: TRAGSA contrata: traballa co territorio

 

Nesta sesión grupal poderás coñecer de primeira man as necesidades de contratación de persoal do Grupo Tragsa e os requisitos que require  nos ámbitos forestal, agropecuario, loxístico e de servizos.

Se tes ganas, nós temos futuro!

1 de xullo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal informativa coa empresa Vegalsa - Eroski

 

Nesta terceira sesión a empresa Vegalsa - Eroski volta para informarnos, nunha nova sesión na Oficina de emprego de Cambados, das súas necesidades de contratación na súa campaña de verán para a provincia de Pontevedra.

Participa para coñecer as súas necesidades de contratación!

25 de xuño de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal informativa coa empresa Cortizo

 

O 12 de xuño a empresa Cortizo presentará o seu programa Cortizo Next, dirixido a persoas recentemente tituladas, ofrecendo formación e experiencia adaptadas á Industria 4.0.

Participa para coñecer as súas necesidades de contratación!

12 de xuño de 2026

Sesión xa celebrada

 

 

Sesión grupal informativa coa empresa Vegalsa - Eroski

 

Unha nova sesión na que a empresa Vegalsa - Eroski volta para informarnos en dúas sesións das súas necesidades de contratación na súa campaña de verán para a provincia de Pontevedra.

Participa para coñecer as súas necesidades de contratación!

9 de xuño de 2026 (Oficina Pontevedra - Concello) e

11 de xuño de 2026 (Oficina de Cambados)

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal informativa coa empresa Vegalsa - Eroski

 

Nesta sesión contaremos coa participación da empresa Vegalsa - Eroski para informarnos en dúas sesións as necesidades de contratación tanto en punto de venda de caixa, reposición e sección de frescos como na súa plataforma loxística.

Participa para coñecer as súas necesidades de contratación!

21 de maio de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesións grupais informativas coa empresa El Corte Inglés

 

Nesta ocasión a empresa El Corte Inglés informaranos en 5 sesións das necesidades de contratación para a súa campaña de verán.

 Coñece de primeira man as súas necesidades de contratación!

Do 19 ao 29 de maio de 2026

Sesións xa celebradas

 

Sesión grupal sobre a Oficina Virtual de Emprego

 

Nas oficinas de emprego da Coruña Tornos e da Coruña Monelos celebrarase unha sesión grupal para descubrir a túa oficina virtual e poder facer así a maioría dos trámites laborais sen desprazarte, de xeito seguro, cómo e rápido.

14 de maio de 2026

Sesión xa celebrada

 

Itinerario de empregabilidade: Fórmate: Mellora a túa busca de emprego

 

A oficina de Emprego da Caniza inaugura un itinerario formativo de 3 sesións progresivas para combinar habilidades persoais. técnicas de busca activa e uso da intelixencia artificial para mellorar as túas oportunidades laborais.

5 de maio de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre o programa Emprendedores de Occident (A Coruña)

 

Nesta sesión grupal a empresa Occident descubrirache a oportunidade real de emprendemento que ofrece achegando apoio económico, formación continua e acompañamento para crecer, aprender e liderar o teu propio proxecto profesional.

Acompáñanos e descúbreo!

22 de abril de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre como impulsar o teu futuro profesional co Programa Xuventude Mentoring

 

El Programa Xuventude Mentoring que promove a Xunta de Galicia e o CIXUG impulsa ás persoas mozas o apoio para a transición dende o remate da formación superior ao emprego, mediante formación específica, sesións de networking e apoio persoal de mentores.

Activa o teu potencial!

7 de abril de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre como apuntarse ás listaxes de contratación da Xunta de Galicia

 

Se queres inscribirte nas listaxes de contratación da Xunta de Galicia e non sabes como, esta sesión é para ti! A oficina de emprego de Cangas imparte unha sesión grupal práctica ás 12:00 horas para aprender paso a paso.

Ti podes facelo!

26 de marzo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre as bolsas FEUGA - a túa porta de entrada ao mundo laboral!

 

Necesitas experiencia para traballar pero necesitas traballar para ter experiencia? Neste ocasión conectaremos coa FEUGA para informarche de como che poden axudar para conseguir o teu primeiro contacto co mundo profesional, mediante bolsas e formación adaptada ao teu perfil.

Ti tes a chave!

25 de marzo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre como apuntarse ás listaxes de contratación da Xunta de Galicia

 

Se queres inscribirte nas listaxes de contratación da Xunta de Galicia e non sabes como, esta sesión é para ti! As oficinas de emprego da Cañiza, na aula CeMIT, a de Cambados e a de Ourense Centro imparten unha sesión grupal práctica ás 12:00 horas para aprender paso a paso.

Ti podes facelo!

17 de marzo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre as oportunidades de emprego para as persoas mozas

 

As oficinas de emprego de Redondela e Cambados desenvolven esta sesión grupal centrada nas persoas mozas para contarlles os programas e recursos de emprego dispoñibles para impulsar a súa inserción laboral informando sobre bolsas, cooperación, investigación e oportunidades para o primeiro emprego.

Para lanzarse por ese futuro que está agardando!

12 de marzo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal a túa oportunidade laboral en CLECE!

 

Nesta ocasión conectamos coa empresa CLECE para coñecer as súas demandas de contratación nos sectores da loxística e da axuda a domicilio. Unha oportunidade perfecta para explorar novas vías profesionais e dar un impulso ao teu futuro laboral.

11 de marzo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a unha oportunidade laboral a túa altura!

 

Conectamos coa UTE Helicópteros de Galicia para descubrir profesións de loita contra o lume que van máis aló dun traballo. Se buscas acción e facer algo que realmente importa, consulta os perfís e reserva a túa praza para esta misión.

4 de marzo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal activa o teu talento: a IA como motor de novas oportunidades

 

A oficina de emprego da Cañiza ofrece na aula CeMIT unha sesión na que fará unha introdución práctica e inspiradora sobre o uso da intelixencia artificial no proceso de busca de emprego. Descubre como reforzar o teu perfil profesional e avanzar na túa empregabilidade.

24 de febreiro e 10 de marzo de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a Oficina Virtual de Emprego

 

Nas oficinas de emprego de Cambados e Ourense A Ponte celebrarase unha sesión grupal para descubrir a túa oficina virtual e poder facer así a maioría dos trámites laborais sen desprazarte.

13 de febrero de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a mellor oportunidade laboral é aquela para a que te preparas

 

Se non tes a ESO nin o Bacharelato, nas oficinas de emprego de Vilagarcía e Boiro cóntanche como acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 mediante as competencias clave.

10 de febrero de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre as oportunidades de emprego en ILUNION

 

Nunha sesión en liña conectamos coa empresa ILUNION dirixida a persoas con discapacidade (≥ 33 %) ou incapacidade permanente, para coñecer as oportunidades de emprego que ofrece nos distintos sectores nos que desenvolve a súa actividade.

4 de febreiro de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a mellor oportunidade laboral é aquela para a que te preparas

 

Se non tes a ESO nin o Bacharelato, nas oficinas de emprego de Redondela, Cambados, Vigo (López Mora), Boiro, A Cañiza (aula CeMIT) e Ourense Centro cóntanche como acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 mediante as competencias clave.

3 de febrero de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a Oficina Virtual de Emprego e a app MOBEM

 

Na oficina de emprego da Cañiza realizarase unha sesión grupal sobre como usar a Oficina Virtual de Emprego e a app MOBEM na aula CeMIT da Cañiza.

27 de xaneiro de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a Experiencia ONCE Vendendo ilusión e creando oportunidades

 

Realizaremos unha sesión coa ONCE dirixida a persoas con discapacidade interesadas nas opcións reais de emprego dentro da súa organización vinculadas á venda dos seus produtos.

28 de xaneiro de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a Oficina Virtual de Emprego

 

Na oficina de emprego de Lugo - Sur poderás descubrir os recursos que che ofrece a Oficina Virtual de Emprego para impulsar a túa busca de emprego.

15 de xaneiro de 2026

Sesión xa celebrada

 

Sesión grupal sobre oportunidades de emprego na empresa EULEN

 

A empresa EULEN acompañaranos durante dúas sesións grupais para informar sobre as súas necesidades nos distintos sectores nos que presta servizos: metal, loxística, limpeza industrial, hoteleira e convencional.

14 e 21 de xaneiro de 2026

Sesión xa celebrada

 


Sesións grupais 2025