Xunta Conecta é unha nova modalidade de sesións grupais presenciais con empresas, que combina a información sobre as oportunidades de emprego dunha ou varias empresas cun proceso de entrevistas rápidas a persoas demandantes de emprego.
Para coñecer máis sobre Xunta Conecta invitámosche a que vexas este vídeo informativo.
📢 Proximamente abrirase o prazo para as datas das futuras xornadas
XUNTA CONECTA: GADIS (BETANZOS)
Seguimos coas sesións de Xunta Conecta coa empresa Gadis que nos dará detalle dos perfís que demanda dentro da súa organización no ámbito de transportes e loxística.
Nesta ocasión en Xunta Conecta contamos coa presenza da empresa Cortizo que nos informará das oportunidades de emprego coas que conta na súa organización.
10 e 13 de novembro de 2026
Sesión xa celebrada
XUNTA CONECTA: EULEN
Para esta sesión de Xunta Conecta contamos coa participación da empresa Eulen que nos dará a coñecer as oportunidades de emprego coas que conta na área de Narón no ámbito da axuda no fogar.
28 de outubro de 2026
Sesión xa celebrada
XUNTA CONECTA: El Corte Inglés
Nesta ocasión contamos coa colaboración da empresa El Corte Inglés para abordar catro encontros de Xunta Conecta nos que dar a coñecer as oportunidades de emprego para a campaña de Nadal nos seus centros da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Do 27 de outubro ao 4 de novembro de 2026
Sesión xa celebrada
XUNTA CONECTA: Polígono O Vao, Pontevedra (II)
Con motivo da inaguración do novo Parque Empresarial O Vao, celebrarase unha segunda edición de Xunta Conecta en colaboración coa empresa Vegalsa - Eroski.
6 de outubro de 2026
🚨 Prazas xa esgotadas. Proximamente abrirase o prazo para futuras xornadas
Sesión xa celebrada
XUNTA CONECTA: Polígono O Vao, Pontevedra (I)
Con motivo da inaguración do novo Parque Empresarial O Vao, celebrarase a primeira edición de Xunta Conecta en colaboración coa empresa Leroy Merlin.