Xunta Conecta: Cortizo

Nesta ocasión contamos en Xunta Conecta coa empresa Cortizo atendendo ás seguintes datas, lugares e áreas de contratación:

DATAS E LUGARES

  • 10 de novembro- Oficina de Emprego de Boiro
  • 13 de novembro - CNTG. Santiago de Compostela

ÁREAS DE CONTRATACIÓN E PERFÍS DEMANDADOS

  • Produción industrial: valórase FP en Construcións Metálicas, Mecanizado ou similar, así como experiencia en traballos manuais.
  • Produción de PVC: valórase formación profesional e experiencia en traballos manuais.
  • Almacén e loxística: valórase formación en ponte guindastre e carretilla elevadora, ademais de experiencia previa en almacén.
  • Fabricación mecánica e matricería: requírese FP de grao medio ou superior en Fabricación Mecánica, Instalacións e Mantemento ou similar. Valórase experiencia en mecanizado, axuste, montaxe e manexo de ferramentas de taller.
  • Mantemento industrial: requírese FP en Electromecánica ou Electricidade e experiencia previa en mantemento.

En todos os perfís requírese dispoñibilidade para traballar en quendas rotatorias, carné de conducir e vehículo propio,  así como capacidade para realizar esforzo físico.

Trae o teu CV, conversa co equipo de selección e conecta directamente co teu futuro profesional.

Ademais, poderás participar en obradoiros para mellorar a túa empregabilidade.

Se queres participar, reserva a túa praza no seguinte enlace:

Reserva a túa praza