Xunta Conecta: Eulen Ferrol

Nesta sesión de Xunta Conecta participará a empresa EULEN para buscar persoas candidatas:

Denominación do posto: Auxiliar de Axuda no Fogar

Principais funcións: Realización de tarefas de atención e coidado de persoas dependentes nos seus domicilios, principalmente na zona de Narón, prestando apoio nas actividades da vida diaria e nas tarefas de asistencia doméstica que resulten necesarias.

Requisitos:

  • Experiencia previa mínima no coidado ou atención de persoas maiores ou dependentes.
  • Valorarase positivamente formación na rama sociosanitaria (FP de Coidados Auxiliares de Enfermaría, FP de Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou certificados de profesionalidade relacionados coa axuda no fogar ou atención institucional).
  • Residencia en Narón ou concellos próximos.
  • Valorarase dispoñer de vehículo.
  • Interese por traballar no sector, dispoñibilidade de incorporación inmediata e flexibilidade horaria.
  • Posibilidade de xornadas parciais de luns a domingo, segundo cuadrante e cos correspondentes descansos, ou ben xornada exclusiva de fins de semana.

Trae o teu CV, conversa co equipo de selección e conecta directamente co teu futuro profesional.

Ademais, poderás participar en obradoiros para mellorar a túa empregabilidade.

Se queres participar, reserva a túa praza no seguinte enlace:

Reserva a túa praza