Recoñecemento ou baixa da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social de un centro especial de emprego xa existente (código de procedemento TR801B).


Para o recoñecemento  da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social nun centro especial de emprego xa existente deberá achegarse a seguinte documentación:

  1. Solicitude  de recoñecemento ou baixa da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social nun centro especial de emprego xa existente
  2. Certificación literal dos estatutos vixentes da persoa xurídica solicitante expedida polo rexistro onde figure inscrita a entidade, así como das entidades que participen indirectamente, de ser o caso. Os estatutos deberán reflectir como finalidade principal a integración de persoas con discapacidade en CEE.
  3. Memoria explicativa do destino previsto para os posibles beneficios xerados pola actividade do centro. 
  4. Certificación relativa aos centros de traballo para os que se solicita a cualificación, especificando a súa localización, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de persoas traballadoras con discapacidade.
  5. Resolucións motivadas do correspondente equipo de valoracion e orientación (EVO) que determine a capacidade da persoa traballadora para desenvolver as funcións do posto que  ocupa.
  6. Informe de traballadores en alta (ITA) no código conta de cotización correspondente.
  7. Se é o caso, certificación de data actual expedida polo rexistro competente acreditativo da inscrición vixente e  copia dos  estatutos vixentes depositados nese rexistro,  da entidade promotora, que deberá ser titular da maior parte do capital social da sociedade mercantil titular do centro. ( Caso de asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, os estatutos vixentes da entidade promotora deben contemplar a irrepartibilidade do su patrimonio, agás a favor de entidades do mesmo carácter).
  8. Xustificante de pagamento ( exemplar para a administración ) de importe de taxa por servizos administrativos en concepto de modificación da 1ª inscrición en rexistros oficiais (código 300200), agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.

Para a baixa  da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social nun centro especial de emprego xa existente deberá achegarse a seguinte documentación:

  1. Solicitude de recoñecemento ou baixa da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social nun centro especial de emprego xa existente
  2. Xustificante de pagamento ( exemplar para a administración ) de importe de taxa por servizos administrativos en concepto de modificación da 1ª inscrición en rexistros oficiais (código 300200), agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.