Inscrición de novos centros de traballo ou cambio de localización, ampliación ou cambio de actividades (código de procedemento TR801D).
Para a inscrición de novos centros de traballo creados por titulares con algún outro xa inscrito ou o cambio de localización destes, así como a ampliación ou cambio de actividades ou calquera outra circunstancia que altere significativamente as condicións de cualificación iniciais deberá achegarse a seguinte documentación:
- Solicitude de inscrición de novos centros de traballo ou cambio de localización, ampliación ou cambio de actividades
- Memoria e estudo económico sobre as posibilidades de viabilidade e subsistencia do centro.
- Certificado que acredite contar co preceptivo servizo de prevención de riscos laborais, con indicación das especialidades contratadas.
- Informe de traballadores en alta (ITA) no código de conta de cotización (CCC) correspondente.
- Certificación relativa ós centros de traballo para os que se solicita a cualificación, especificando a súa localización, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de persoas traballadoras con discapacidade. No caso de existir persoal dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social, deberán identificarse e detallar o labor que realizan.
- Resolucións motivadas do correspondente equipo de valoracion e orientación (EVO) que determine a capacidade da persoa traballadora para desenvolver as funcións do posto que vai ocupar. (Modelo de solicitude resolución EVO, Autorización para a entrega de documentación).
- Contrato de traballo e comunicación ante a autoridade laboral de todas as persoas traballadoras.
- Titularidade do local que constitúe a sede do centro de traballo.
- Comunicación de apertura do CT á administración autonómica (procedemento TR803A en sede electrónica).
- Comunicación de inicio de actividade á administración municipal correspondente.
- Xustificante de pagamento ( exemplar para a administración ) de importe de taxa por servizos administrativos en concepto de modificación da 1ª inscrición en rexistros oficiais (código 300200), agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.
No caso de ampliación ou cambio de actividades ou calquera outra circunstancia que altere significativamente as condicións de cualificacións iniciais, deberá achegarse a seguinte documentación:
- Solicitude de inscrición de novos centros de traballo ou cambio de localización, ampliación ou cambio de actividades
- Memoria descritiva dos cambios efectuados.
- Informe de traballadores en alta (ITA) no ccc correspondente.
- Certificación relativa ós centros de traballo para os que se solicita a cualificación, especificando a súa localización, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de persoas traballadoras con discapacidade. No caso de existir persoal dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social, deberán identificarse e detallar o labor que realizan.
- Resolucións motivadas do correspondente equipo de valoración e orientación (EVO) que determine a capacidade da persoa traballadora para desenvolver as funcións do posto que vai ocupar. (Modelo de solicitude resolución EVO, Autorización para a entrega de documentación).
- Contrato de traballo e comunicación ante a autoridade laboral de todas as persoas traballadoras.
- Xustificante de pagamento ( exemplar para a administración ) de importe de taxa por servizos administrativos en concepto de modificación da 1ª inscrición en rexistros oficiais (código 300200), agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Edif. Administrativo San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Telfs: 981 957 746 - 981 957 747
Fax: 981 957 748
Localizar en Google Maps