Comunicación de modificacións sociais (código de procedemento TR801E)


Para a comunicación de modificacións de datos esenciais, como cambio de denominación, de domicilio social, modificación de participacións sociais ou calquera outra circunstancia que altere significativamente as condicións de cualificación iniciais, deberá achegarse a seguinte documentación:

  1. Solicitude de comunicación de modificacións sociais

  2. Escritura de elevación a público dos acordos sociais correspondentes.

  3. Xustificante de pagamento ( exemplar para a administración ) de importe de taxa por servizos administrativos en concepto de modificación da 1ª inscrición en rexistros oficiais (código 300200), agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.