Comunicación de modificacións sociais
OBXECTO: comunicar as modificacións sociais (cambio de representante legal, modificación de participacións sociais...) ao Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego.
Para isto deberá aportarse:
- Comunicación qué poderá presentarse directamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, utilizando a denominada Solicitude xenérica ( Clave procedemento PR004A ), e dirixida á Consellería de Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
- Escritura de elevación a público dos acordos sociais correspondentes
- Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos:
- A través da Oficina Virtual Tributaria
- Mediante ingreso na entidade colaboradora. Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios, premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro CEE
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Edif. Administrativo San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Telfs: 981 957 746 - 981 957 747
Fax: 981 957 748
Localizar en Google Maps