A realización do enclave laboral comunicarase ó Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego no prazo dun mes desde a sinatura do contrato.
- Comunicación
- Contrato formalizado por escrito entre o Centro Especial de Emprego e a empresa colaboradora cuxo contido mínimo sexa:
- Identificación de ambas partes, facendo constar a denominación social, domicilio, número de identificación fiscal e código de conta de cotización á Seguridade Social
- Determinación precisa da obra ou servizo obxecto do contrato e da actividade na que, dentro da organización xeral da empresa colaboradora, vaian ser ocupados os traballadores destinados ó enclave.
- Datos identificativos do centro de traballo onde se vai realizar a obra ou prestar o servizo
- Duración prevista para o enclave
- Número de traballadores con discapacidade que se ocuparán no enclave
- Prezo convido
- Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos:
- A través da Oficina Virtual Tributaria
- Mediante ingreso na entidade colaboradora. Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios, premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro CEE