MOBEM é unha aplicación informática creada para dispositivos móbiles das plataformas Android e iOS, que ten por obxecto facer máis accesibles os servizos ofrecidos por Emprego Galicia ás persoas demandantes de emprego. 

Onde podo obter a aplicación Mobem?

A aplicación MOBEM está dispoñible nas tendas de aplicacións das plataformas Android e iOS.

Cos códigos QR que se presentan a continuación poderás descargalas segundo a plataforma que utilice o teu smartphone: Google Play (Android) e App Store (iOS).

  Descarga Mobem Google Play para Android    Descarga Mobem App Store de Apple para Iphone    

Que funcionalidades ten a aplicación Mobem

Na actualidade, as principais funcionalidades que permite a aplicación MOBEM son:

  • Renovación da demanda de emprego.
  • Confirmación de dispoñibilidade a ofertas de emprego.
  • Acceso á plataforma DIPLOS para a xestión de solicitudes de participación en cursos.
  • Consulta de eventos e da axenda.
  • Pedir cita previa para ser atendido nunha oficina de emprego.
  • Solicitar informes.

A primeira vez que accedes

Estas son as pantallas de información na versión Android e na versión Iphone sobre a plataforma MOBEM:

pantalla de información de mobem en android    pantalla de información de mobem en Iphone

A primeira vez que accedes a MOBEM tes que introducir na pantalla de autenticación un usuario que poderá ser o teu DNI/NIE ou un correo electrónico que deberá coincidir co que teñas asociado á túa demanda de emprego.

O contrasinal será o mesmo que para o acceso á Oficina Virtual do Portal de Emprego e que no seu día che facilitou a túa oficina de emprego. No caso de que non lembres o contrasinal, poderás obter un novo premendo no enlace “Esqueceu o seu contrasinal?”. Lembra que a recuperación do contrasinal require coñecer o correo electrónico que tes asociado á túa demanda de emprego.

Ten en conta tamén que se intentas entrar cinco veces seguidas con datos incorrectos (usuario ou contrasinal) por seguridade bloquearase o acceso durante 15 minutos. 

Estas son as pantallas de inicio na versión Android e na versión Iphone:

pantalla de inicio de mobem en android    pantalla de inicio de mobem en Iphone

Unha vez introducidos os datos de usuario e contrasinal o sistema ofrecerache a posibilidade de configurar o acceso mediante autenticación biométrica, con pegada dixital, recoñecemento facial, etc., segundo teñas configurado o teu dispositivo móbil.

Cos pasos indicados o sistema lembrará sempre os teus datos de acceso sen necesidade de  introducilos de novo agás no caso de que peches a sesión.

Unha vez autenticado poderás cambiar o contrasinal premendo no menú da aplicación que está representado por tres puntos verticais. Lembra que sempre que cambies o contrasinal na app MOBEM tamén a estarás a cambiar para o acceso á Oficina Virtual de Emprego Galicia.

Finalmente poderás pechar sesión no menú principial da app MOBEM. Neste caso, os datos de autenticación da aplicación serán borrados do teu dispositivo tendo que volver a introducilos en caso dun novo acceso. 

Pantalla xeral

Na pantalla xeral verás os teus datos (nome e situación administrativa) e a data sinalada para a renovación da túa demanda de emprego.

A pantalla xeral de datos en dispositivos Android e Iphone son as seguintes:

pantalla de información xeral de mobem en android    pantalla de información xeral de mobem en Iphone

Premendo sobre o recadro amarelo podes obter máis información acerca da renovación da túa demanda.

Dende esta pantalla principal podes realizar a renovación da demanda de emprego no caso de estar en tempo de facelo (premendo sobre a opción “Renovación da demanda”).

[Nota informativa: se nalgún momento non tes acceso á app MOBEM e requires renovar a túa demanda de emprego, lembra que o poderás facer neste portal de emprego a través deste enlace co PIN da túa tarxeta (DARDE) ou chamando ao 012 ou ao 981 900 643.]

No caso de non estar en período de renovación da demanda de emprego verás que o botón está vermello o que significa que a aplicación non che permite renovala.

Lembra que, en calquera momento, podes descargar o teu DARDE en formato pdf.

As miñas ofertas

Na sección “As miñas ofertas” poderás ver aquelas ofertas nas que tes pendente confirmar ou non a túa dispoñibilidade.

pantalla de ofertas de mobem en android    pantalla de miñas ofertas de mobem en Iphone

Na parte superior da pantalla atoparás unha axuda. Premendo na parte amarela accederás á mesma.

Cando teñas ofertas pendentes de dispoñibilidade, verás unha listaxe coa información básica de todas elas.

E premendo dentro de cada unha, accederás á información máis específica da oferta en cuestión.

pantalla de detalle de oferta de mobem en android    pantalla de detalle oferta de mobem en Iphone

Unha vez dentro do detalle da oferta, poderás indicar a túa dispoñibilidade premendo no botón “Dispoñible” ou “Non dispoñible”.

Cursos

Dende esta sección poderás acceder á plataforma DIPLOS que dispón dun buscador de cursos de formación a través do cal poderás solicitar aquelas accións formativas que máis che conveñan.

pantalla de aplicación diplos    pantalla da aplicación diplos

A plataforma DIPLOS permite xestionar as túas solicitudes de formación e, accedendo a través da app MOBEM, non necesitarás autenticarte novamente.

Para ver esta sección terás que acceder desde a ícona de "O meu usuario" (área privada).

A miña oficina

pantalla de a miña oficina de mobem en android    pantalla de a miña oficina de mobem en Iphone

No menú da sección de “A miña oficina” poderás xestionar os seguintes apartados:

  • Axenda: poderás consultar os diferentes eventos que teñas axendados. Premendo no botón azul “Axenda”, accederás aos ditos eventos. Amosaranse, no seu caso, as citas de orientación laboral (presenciais ou telefónicas), as convocatorias de selección para cursos e as datas de renovación pendentes da túa demanda.

pantalla de axenda de mobem en android    pantalla de axenda de mobem en Iphone

  • Cita previa: a través deste apartado e, premendo no botón “Cita previa”, accederás ao servizo de solicitude de cita previa. Seguindo as instrucións do sistema, poderás obter unha cita para a oficina que elixas.

pantalla de cita previa android pantalla de cita previa IOS    

  • Informes: neste apartado poderás solicitar ata catro tipos diferentes de informes relativos á túa demanda de emprego e ao teu historial en Emprego Galicia. Nos catro casos poderás indicar o idioma no que queres o informe (galego ou castelán) e enviaranse ao correo electrónico que teñas rexistrado en Emprego Galicia.

pantalla de informes de mobem en android    pantalla de informes de mobem en Iphone

1. Informe de períodos de inscrición: poderás obter un informe cos diferentes períodos de inscrición que tiveches en Emprego Galicia indicando o rango de datas entre as que queres ditos períodos. Se non indicas ningún rango de datas o sistema emitirá un informe de todos os teus períodos de inscrición.

pantalla de informe periodos de inscrición de mobem en android    pantalla de informe periodos inscrición de mobem en Iphone

2. Informe demandante de emprego: neste apartado a aplicación emitirache un documento acreditativo da túa condición de persoa inscrita como demandante de emprego en Emprego Galicia.

pantalla de informe de demandante de mobem en android    pantalla de informes demandante emprego de mobem en Iphone

3. Informe de mobilidade xeográfica: este informe presenta as diferentes datas de inscrición e traslados entre oficinas de Emprego Galicia no ano que indiques. Este informe adoita a ser solicitado pola Administración Tributaria para as declaracións do IRPF aínda que pode utilizarse para calquera outra xestión na que che sexa preciso.

pantalla de informe mobilidade xeográfica de mobem en android    pantalla de informe mobilidade xeográfica de mobem en Iphone

4. Informe de inscrición con ou sen rexeitamento: este informe serve para acreditar os períodos de inscrición con ou sen rexeitamento a accións de orientación, inserción e formación ofrecidos por Emprego Galicia durante un período concreto. Poderás indicar a data de remate do período que queiras obter así como o número en días de duración do informe.

pantalla de informe de inscrición de mobem en android    pantalla de informe de inscrición de mobem en Iphone

Pantalla de información, protección de datos e política de privacidade

Na pantalla de información verás os datos acerca da aplicación e das canles que podes utilizar para facer consultas que consideres, así como o protocolo en materia de protección de datos de carácter persoal e tamén en materia de políticas de privacidade que asume a aplicación.

As pantallas de información en dispositivos Android e Iphone son as seguintes:

 pantalla de información de mobem en android    pantalla de información de mobem en Iphone

Ao premer sobre o enderezo de correo electrónico aparecerán as diferentes aplicacións instaladas que permiten realizar o envío de correos electrónicos. E ao premer no número de teléfono para facer consultas abrirase o teclado do teléfono para poder realizar a chamada.

Por último, nesta páxina podes obter máis información sobre o aviso legal e a politica de LOPD relativos á aplicación MOBEM.

Resolución de problemas de acceso a MOBEM

Por último, algunhas cuestións importantes que deberás ter en conta no acceso á app MOBEM:

1. Non poderás acceder a MOBEM se nunca estiveches rexistrado en Emprego Galicia.

2. Necesitarás un enderezo de correo electrónico que previamente deberás ter comunicado na túa oficina de emprego e asociado á túa demanda de emprego.

3. Será necesario que teñas asignado un contrasinal ao teu usuario. En caso de non telo asignado ou non recordalo, poderás conseguilo premendo, na pantalla de autenticación, en “Esqueceu o seu contrasinal?”. 

4. Lembra que, aínda que decidas autenticarte con DNI/NIE, será necesario ter un correo electrónico asociado á túa demanda de emprego.

5. Unha vez autenticado poderás cambiar o contrasinal premendo no menú da aplicación que está representado por tres puntos verticais. Lembra que sempre que cambies o contrasinal na app MOBEM a estarás a cambiar tamén para o acceso á Oficina Virtual de Emprego Galicia.

6. E se tes problemas para acceder contacta con emprego@xunta.gal ou coa túa oficina de emprego.

"As pantallas da aplicación Mobem que se presentan son a título meramente de exemplo, polo que poden verse modificadas ou alteradas en función das melloras e da propia evolución que se observe necesaria, así como dos dispositivos móbiles dende os que se acceda"