Conformidade a estándares e accesibilidade desta web Política de accesibilidade

 

Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais desta web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con discapacidades ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia cínxese ás coas esixencias do Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social. 

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web da Xunta de Galicia, http://emprego.xunta.gal, que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.

Cumprimento de estándares

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AAA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C)

Todos os requisitos do Nivel A, Nivel AA e do Nivel AAA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semiautomática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas

Para a correcta visualización do portal gráfico é necesario poder executar Javascript

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores, tales como Mozilla Firefox, Chrome, Internet Explorer, Safari, etc.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada o 07/07/2017

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados.

Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles.

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

Microsoft Internet Explorer: pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e, a continuación, Retorno Enter

Firefox: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a tecla de acceso rápido

Macintosh, a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl

Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápido:

0: Portada

t: Termos de uso

n: Estamos no 012

m: Mapa do portal

b: Buscar nesta web

a: Accesibilidade

 

No caso de haber tabs as teclas son:

A: Primeira

B: Segunda

C:Terceira

E así sucesivamente

As páxinas da web emprego.xunta.gal da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario e sen crear problemas de visualización

Podes controlar o tamaño dos textos no teu navegador da seguinte maneira:

Microsoft Internet Explorer: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño de texto”

Firefox: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño do texto” ou empregando a combinación de teclas Ctrl + ou Ctrl -, segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ao tamaño normal

Lector de contidos

A maioría das páxinas deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en ambos os dous idiomas, para a súa escoita, o que facilita o acceso a estes a calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla

Contacto

A Xunta de Galicia, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime, a través do servizo de atención e contacto Atendémolo/a que se atopa no pé de todas as páxinas deste portal web