O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) é a estrutura pública dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia dende a que se organizan e prestan todos os servizos e funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego, dentro do territorio de Galicia.

As Políticas Activas de Emprego son o conxunto de actuacións desenvolvidas no ámbito da orientación laboral, da mellora da capacitación das persoas demandantes e traballadoras mediante a formación e o recoñecemento da experiencia profesional, poñendo a súa disposición actividades que lles axuden a mellorar a súa intermediación laboral, a aumentar as posibilidades de acceder ao emprego ou a adaptar e actualizar os seus coñecementos e habilidades.

Achegar un servizo público

SPEG presta servizos relacionados co emprego tanto a persoas demandantes coma a persoas ou organizacións ofertantes que buscan cubrir unha vacante en calquera posto de traballo, dende diversas perspectivas.

Dende o SPEG axudámosche:

  • Se demandas emprego

  • Se xa estás a traballar pero queres mellorar a túa ocupación

  • Se aínda non demandas emprego pero queres mellorar a túa cualificación

  • Se che piden a inscrición para acceder a prestacións de carácter social

  • Se ofertas emprego e buscas persoas traballadoras

SPEG. Para as persoas demandantes    SPEG. Para as empresas

Próximo e por distintas canles

A todos estes servizos se pode acceder de forma presencial, a través:

Da rede de Oficinas de Emprego da Xunta de Galicia

Buscador de centros

Das Oficinas de apoio ao empregador da Xunta de Galicia

Oficinas de apoio ao empregador

Dos puntos de información

Puntos de información do SPEG

Da Oficina Virtual 

Oficina Virtual do SPEG


Ou da aplicación para dispositivos móbiles Mobem

Aplicación Mobem