SESIÓN GRUPAL: OPCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS PROCEDENTES DO ESTRANXEIRO
O día 12 de novembro impartirase unha sesión grupal na oficina de emprego de Ourense Centro para informar ás persoas procedentes dun país estranxeiro sobre o mercado laboral e aspectos fundamentais na busca de emprego en Galicia.
O día 13 de novembro impartirase unha sesión grupal na oficina de emprego de Redondela dirixida a motivar e acompañar ás persoas desempregadas cos recursos para a formación e os programas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
O día 5 de novembro impartirase unha sesión grupal na oficina de emprego de Vilagarcía sobre a Oficina Virtual de Emprego para informar sobre os recursos que ofrece esta ferramenta na busca de emprego.
O día 5 de novembro impartirase unha sesión grupal na oficina de emprego de Ferrol Centro sobre o sector do metal: empresas que máis contratan, posibilidades de formación para traballar no sector, ...
Consulta a relación de postos de traballo promovidos polos concellos no ámbito deste Programa de fomento de emprego no medio rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais.
PIDE CITA PARA PARTICIPAR NAS SESIÓNS GRUPAIS DE EMPREGO
A partir de maio de 2025 comezarán a impartirse sesións grupais nas oficinas de emprego. Acude e aumenta os teus coñecementos e habilidades para afrontar un proceso de busca de emprego ou recibir información sobre oportunidades de emprego en sectores ou empresas.
Programa para apoiar ás persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega residentes no exterior que estean interesadas en integrarse laboralmente en Galicia.
Accede a toda a información sobre os programas de formación en alternancia con práctica profesional para persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
PREPÁRATE PARA OBTER AS COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO CAMPUS VIRTUAL DE EMPREGO
Tes a túa disposición 8 cursos en liña en modo autoformación para preparar as probas libres de competencias clave convocadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Aproveita a oportunidade!